miércoles, 16 de octubre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL

No colexio xa comezaron na educación infantil unha viaxe sensacional esas mochilas de cor laranxa que fan que os nenos/as e nais e pais teñades un pequeno traballo cos vosos fillos/as na fin de semana despois da lectura dun conto que fai voar a imaxinación. Agardamos que vos gusten.

martes, 8 de octubre de 2013

PAN DE MILLO xa está aquí!

“Pan de millo” é un libro-disco publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática. Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.

miércoles, 2 de octubre de 2013

Nace Oink! A revista do Xabarín Club

Saíu á rúa a revista do Xabarín Club Oink, que inicia a súa cita mensual co público infantil e xuvenil repleta de historias, actividades e cómics. A publicación, lanzada pola editorial galega Agalip con licenza da TVG, distribúe en quioscos e subscricións o seu primeiro número, que conta con 56 páxinas. A revista é un proxecto desenvolvido por un equipo de xente nova co obxectivo de ofrecer aos nenos contidos divertidos e dinámicos dende a óptica da mascota do club. Deste modo, nas páxinas de Oink inclúense cómics de autores de distintos estilos, entre os que se encontra Miguelanxo Prado, creador do Xabarín, xunto a Kiko dá Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno, Marilar Aleixandre ou Pinto&Chinto, entre outros.

OUTONO E MAGOSTO

Xa comezou o OUTONO e con él celebrarémolo magosto e o samain porque SOMOS MOI FESTEIROS (Lembrade que se queredes máis información de estas datas tedes que facer click nos iconos que se atopan a esquerda deste blog)
Coma tódolos anos temos un tema escollido no centro e este ano tócanos OS TRES R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR., para que vaiades entrando en materia eiquí vós deixamos un conto dos BOLECHAS