viernes, 16 de marzo de 2012

VISITA DE RAQUEL GALAVÍS

Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria estivemos con Raquel Galavís no cole. Durante uns minutos tivemos a oportunidade de poñernos na pel de Heriberto e soñar en cores  como o protagonista do libro O LAGARTO SOÑADOR de Marta Osorio con ilustracións de Violeta Monreal.
Ademais disfrutamos doutros contos que poidemos ver proxectados na pantalla. 




lunes, 5 de marzo de 2012

POESÍA E TEATRO

 Adicaremos este espazo a POESIA xa que o 21 de marzo celébrase. Se queredes atopar versos ,  poesías infantiles, xogos de palabras e adiviñas clicade aquí.
Tamén adicaremos este espazo ó TEATRO  que tamén o 27 de marzo celébrase. Se queres atopar obras de teatro e xogos de expresión, aquí tes algunhas ideas.


Na páxina web do cole tamén podedes atopar obras de teatro e exhibicións poéticas feitas polos nenos.

miércoles, 29 de febrero de 2012

EDUCACIÓN DOCUMENTAL

A continuación podedes visualizar e descargar  a Guía de educación documental elaborada polo equipo de biblioteca co fin de que dispoñades de axuda para levar a cabo proxectos de investigación co alumnado. Nela atoparedes unha breve introducción teórica así como unha secuenciación por ciclos de obxectivos, contidos e propostas de actividades  para facer co alumnado de primaria.


O último apartado da guía é un breve resumo dirixido ao alumnado sobre os pasos a seguir para facer un traballo de investigación. Tomamos como referencia a guía feita polo CEIP de Leirado de Salvaterra do Miño e que podedes ver a continuación.

FORMACIÓN DE USUARIOS

Presentamos o PLAN DE FORMACION DE USUARIOS da biblioteca escolar do noso centro. Nel podedes atopar os obxectivos e propostas de actividades para cada un dos ciclos de educación primaria.  Podedes descargarlo dende aquí ou ben solicitando o documento impreso que está a vosa disposición na biblioteca.

viernes, 17 de febrero de 2012

MERDEIROS OLÍMPICOS EN BALAIDOS

Onte todos os nenos do cole superamos a primeira das probas olímpicas deste Entroido.Como verdadeiros atletas corremos para non ser alcanzados polos merdeiros e merdeiras, que de sorpresa, apareceron no patio á hora do recreo.
Sen tregua nin descanso perseguíronnos cos seus paus e berzas ao tempo que nos botaban fariña.
Despois, durante un intre de descanso, poidemos aprender moitas cousas sobre esta tradición viguesa: a orixe, a roupa.....
Rematamos cunha segunda proba escapando dos merdeiros polo patio.
Aínda que houbo choros e algún que outro medo por ahí solto, pasámolo moi ben.
Grazas por vir ao cole.

merdeiros - diapositivas