jueves, 13 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA, para iso traballamos o EFECTO MATILDA, cunhas actividades organizadas por Igualdade, Polos Creativos e Biblioteca, e moi relacionada co noso PDI: Mirando o futuro CONCIENCIA

En Educación Infantil fixeron un quebracabezas e elaboraron un mural:



En Educación Primaria descubriron qué é o Efecto Matilda e quen era Matilda Joslyn Gage:



Despois tiveron que ir á Biblioteca e buscar os sobres agachados na sección de CONSULTA que contiñan unhas pezas de quebracabezas.



Con estas pezas subiron a Polos Creativos onde buscaron a silueta co número do quebracabezas e descubrir a súa Matilde.



Remataron escaneando o QR e accedendo a un video con máis información sobre o Efecto Matilda.





Neste video tedes todas as nosas Matildas: