domingo, 11 de diciembre de 2022

LIBERANDO LIBROS POLO MEDIO AMBIENTE

Esta experiencia estase levando a cabo no cole nas etapas de Infantil e Primaria. Desenvolveuse en tódolos cursos a partir de 6º de Educación Infantil ata 6º de Primaria.

 

Erasmus+ é o programa da UE para apoiar a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa. 


Neste curso estamos realizando o proxecto "Our eco-school is blooming", financiado por este programa. Dentro do mesmo, quixemos darlle unha segunda vida aos libros que xa non se utilizaban na biblioteca do centro. Co lema “liberando libros polo medio ambiente” catalogamos os libros na plataforma Bookcrossing de intercambio, escribindo en cada un deles un código BCID, a través do cal podemos seguir a súa viaxe. Estes libros foron “liberados” no noso colexio así como en diferentes cidades, escolas, institucións…


O alumnado forrounos cunha nova portada, na que debuxaron e escribiron mensaxes a favor do coidado do medio ambiente e da protección dos ecosistemas e das especies en perigo de extinción. A través da páxina de Bookcrossing podemos seguir o percorrido realizado polos libros. Á vez, cada libro leva un código QR, que ao escanealo lévanos á seguinte páxina web:

 


Nela podemos ver a través de fotografías a onde chegan estes libros. No noso colexio instalamos tamén un punto bookcrossing, unha estantería na entrada do mesmo, situada ao lado da biblioteca, onde as familias poden deixar libros que xa non utilicen e levarse outros que lles interesen.