martes, 28 de enero de 2014

30 DE XANEIRO,DÍA DA ILUSTRACIÓN

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, propón diversas actividades dirixidas a todos os públicos e de balde para promover a celebración, por vez primeira, do Día da Ilustración en Galicia.

A Xunta de Galicia crea esta data coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez  Castelao, para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2014/01/24/dossier_programacion_dia_da_ilustracion_2014.pdf


 (Preme na imaxe para ver a programación)