miércoles, 8 de junio de 2011

XA ESTÁN AQUÍ OS CÓMICS

Esta semana contamos coa exposición de cómics cedida por Manuel  García Meira. No corredor da entrada principal podemos disfrutar contemplando distintos exemplares clasificados por etapas: infantil, xuvenil ou cómic para adultos.
Para completar a visita nada millor que adicar un rato á lectura dalgún dos exemplares que están na biblioteca do centro.

Dende a biblioteca queremos agradecer a Manuel García  Meira que comparta con nós esta fabulosa colección.





Os alumnos de 4º e 6º de primaria tamén quixeron introducirse no mundo do cómic e fixeron as súas propias producións. Botade un ollo ao recuncho literario.