miércoles, 17 de junio de 2020

Devolucións libros biblioteca

Todo aquel alumnado que teña na súa casa libros da biblioteca e non os devolverá cando veu recoller o seu material o colexio , pode entregalos na secretaría do centro , teredes de prazo ata o día 30 de xuño.



Equipo de biblioteca

RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE VERÁN 2020

Xa chegamos o final deste curso un pouco atípico, pero non menos intenso, no que tivemos que traballar de maneira diferente a como estabamos acostumados. Por iso, é o momento de relaxarse e disfrutar coa lectura durante o verán. Aquí tedes unhas recomendacións.

INFANTIL

3 ANOS:
4 ANOS:

5 ANOS:


 PRIMARIA
1º:
2º:
3º:
4º:
5º:
6º:

















domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

#QuedaNaCasa


Por qué celebramos o 17 de maio o Día das Letras Galegas?

A Real Academia Galega en 1963 instituíu, o 17 de maio, a celebración do Día das Letras Galegas  para conmemorar os 100 anos da publicación do libro de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Dende entón todos os 17 de maio dedicamos o día a persoas que destacasen pola súa obra en galego ou defensa da nosa lingua galega.
  

Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo y lingüísta.

Sabíades que...?

· Naceu en Ferrol o 30 de outubro de 1910.

· Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua...

·Primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

· Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega.

· Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Tamén escribiu moitos libros de poemas, teatro, relatos…


No seu relato titulado “As pitas baixo a choiva”, escrito para os máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou cando era un neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato todos estaban mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia. 

Queredes lelo? Clicade na seguinte imaxe:


Para acceder as cancións do conto clicade na seguinte icona: 














Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose a actividade de recolección daquelas palabras que máis vos gusta na nosa lingua, ditos, refráns e lemas que escoitades a cotío na vosa contorna...

Como resultado da actividade elaborouse un libro. Queredes ver o ben que nos quedou? Clicade na súa portada:


Para rematar esta gran celebración compartimos con todos a canción "Queremos galego" de Pablo Díaz:

jueves, 14 de mayo de 2020

DÍA DAS FAMILIAS



#QuedaNaCasa 


O 15 de Maio, celebramos o Día da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia  que ten a familia, como unidade básica da sociedade, así como a súa preocupación pola situación das familias en todo o mundo.

A nosa querida Laura Álvarez, mestra  e titora de Educación Primaria do noso colexio, contaranos unha historia moi bonita  “Mis amigos y yo”. A autora é Stephanie Stansbie e  a ilustradora Katy Halford

Estade moi  atentos!!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

#QuedaNaCasa 


Desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.


Para a difusión do Día do Libro, Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, creou un texto orixinal cedido xenerosamente, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:



"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"



Xoán a través do seu blogue quere festexar o Día do Libro dunha maneira especial, distinta á doutros anos polas circunstancias que estamos a vivir.


Antes de nada, quere rememorar con todos vos a actividade  que facíades no cole de apadriñar a un neno ou nena á que lle liades un conto no patio, “na hora de ler”.



Era unha actividade moi enriquecedora xa que durante a semana os padriños e as madriñas visitaban aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores… Ao mesmo tempo os afillados / as , preparaban , con moito agarimo, un marcapáxinas para regalarllos a eles.

Fixádevos!



Agora toca vivilo, dunha maneira virtual, a través duns videocontos que nos enviaron nenos e nenas do colexio para subilos ao blogue da biblioteca. Non podemos subilos todos pero desde aquí darvos as grazas pola enorme participación. 

GRAZAS DE TODO CORAZÓN 

         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
         
     


Espero que vos gustase, que sigades lendo moito e lembrade: