miércoles, 23 de octubre de 2019

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA UN CURSO MÁIS!

O xoves conmemórase o Día da Biblioteca, como se ven facendo cada 24 de outubro desde 1.997.

Como sabedes estamos no outono e as nosas amigas Hermenexilda e Casilda (moi amigas de Xoán, o noso superheroe da biblioteca), co lema "Sexamos o cambio que queremos ver no mundo", anímannos a coñecer e a utilizar a biblioteca do centro que a partir de hoxe estará aberta a comunidade escolar.

O horario será:

  • Luns, mércores e xoves de 16 a 17:30 horas.
  • Martes de 16 a 17 horas. 


ESPERÁMOSVOS A TODOS E DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS LECTURAS!

viernes, 21 de junio de 2019

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Aquí deixamos unhas recomendacións de libros para que disfrutedes das vacacións acompañados dunha boa lectura. Bo verán.
INFANTIL:


3 ANOS:
4 ANOS:


5 ANOS:

PRIMARIA:
1º 



2º

3º 

4º


5º 

6º








martes, 4 de junio de 2019

VISITA ANA ALONSO

Hoxe o alumnado de 4º tivo a ocasión de falar con Ana Alonso do seu libro "Como hablar con tu robot" que previamente xa leran na aula. Ademais de levar de recordo unha adicatoria que a escritora puxo nos seus libros, e que cada alumno terá de recordo.
.






viernes, 31 de mayo de 2019

FESTILETRAS

A última semana de maio celebramos como todos os anos o noso FESTILETRAS, onde os nenos e nenas de Infantil e Primaria realizaron diferentes actuacións na que empregaban e utilizaban a nosa lingua galega.
Podedes ver as súas actuacións pinchando no curso desexado. As actuacións de Infantil non se poden ver xa que andan argallando unha sorpresa, teredes que ter un pouco de paciencia.

PRIMEIRO A                                                   PRIMEIRO B

SEGUNDO A                                                   SEGUNDO B

TERCEIRO A                                                  TERCEIRO B

CUARTO A                                                     CUARTO B

QUINTO A                                                      QUINTO B

jueves, 30 de mayo de 2019

CONTACONTOS: A VERDADEIRA HISTORIA DO RATO PÉREZ

Hoxe,30 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º  de primaria ,recibiron a visita de Benxamín,que en dúas sesións contoulles a verdadeira historia do Rato Pérez. Así souberon  que teñen  no cole aos seus axudantes e por iso sabe cando a un neno/a cáelle un dente. Tamén aprenderon que é importante comer cos cubertos e non coas mans.....a comida pode sair saltando do prato!.Pasaron unha sesión divertidísima xa que Benxamín, ademais debuxa as historias que conta e deixounos uns murais fantásticos nas clases.