miércoles, 29 de marzo de 2017

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras, unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano.

O escritor Carlos Casares, será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017. A web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.




viernes, 17 de marzo de 2017

XVIII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Do 10 de marzo ao 2 de abril. De luns a venres: de 17:00 a 20:00h.
Os sábados, domingos e festivos:De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h
As exposicións e instalacións permanecerán abertas ao público xeral ata o 2 de abril.
A inscrición é presencial. Podedes apuntaros ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do Salón. Ata esgotar as prazas.

(PREME NA IMAXE)

martes, 21 de febrero de 2017

LEMBRANZAS DE ENTROIDO

Moitísimas gracias pola participación na proposta lembranzas de entroido! Así de estupendo vai quedando o noso corredor.


MECO 2017

Aquí presentamos o noso meco deste ano. Unha maleta viaxeira dacordo ca temática anual do centro, o turismo.
Estade moi atendos os mandatos!
Xa vimos de canarios, bailarines... e mañá de cavernícolas!

miércoles, 15 de febrero de 2017