viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAGOSTÍN 2016!

O vindeiro xoves 3 de novembro celebraremos o noso SAMAGOSTÍN e todo o cole está preparado para a festa. 
As portas das nosas aulas e corredoiros están moi terroríficos! Temos un photocall presidido por dúas castañas chamadas Hermenexilda e Casilda e este ano as familias colaboraron facendo caixas portacastañas. 

martes, 25 de octubre de 2016

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte celebramos o día das bibliotecas na Hora de Ler. Os alumnos/as de 5º estiveron nas aulas de primaria lendo unha poesía e entregando as mochilas viaxeiras. Mañá mércores 26 outubro abriremos a Biblioteca e xa podedes coller libros, contos e DVD´s.




lunes, 24 de octubre de 2016

ACTIVIDADES GRATUÍTAS POLO SAMAÍN

(PREME NA IMAXE)

viernes, 21 de octubre de 2016

CARTEL E PREGÓN DA BIBLIOTECA

Dende 1997, cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  co obxectivo  de concienciar á sociedade da importancia  da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as.

Cada ano encárgaselle a un escritor/a  e ilustrador/a a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano as autoras seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.

miércoles, 19 de octubre de 2016

RECURSOS SAMAÍN


Pincha na CASTAÑA e verás a proposta de recursos para traballar o MAGOSTO

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/


Pincha na CABAZA, e entra nos recursos para o SAMAÍN.
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/home


E no MORCEGO, a proposta para educación Infantil.


http://aescoladebarciela.blogspot.com.es/p/samain.html