miércoles, 27 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Como todos os anos, quixemos celebrar o Día do Libro cunha lectura de contos de Padriños lectores. Os alumnos/as maiores do cole prepararon un conto para ler ós mais pequenos, todos estiveron moi atentos, e disfrutaron moitisimo. Se premedes na imaxe poderedes ver un vídeo do equipo TIC do centro.
DÍA DO LIBRO

lunes, 11 de abril de 2016

ENCONTRO DO PLAMBE

O venres 8 Abril acudimos ó Encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015 / 2016 que se celebrou en Santiago. As ponencias foron moi interesantes e descubrimos todas as novidades deste curso.

viernes, 8 de abril de 2016

UN MUNDO DE SELOS

Esta semana recibimos no noso colexio a exposición "Un mundo de selos. Podedes ver todo o acontecido pinchando no selo do colexio.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/


viernes, 18 de marzo de 2016

21 de Marzo, día da Poesía


No CEIP Balaídos traballamos o día da poesía. Este ano o tema é Vigo polo que fixemos poemas das esculturas da nosa cidade. Mirade todo o que traballamos, somos uns artistas.





jueves, 25 de febrero de 2016

FESTEXANDO O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe festexamos no CEIP Balaídos o día de Rosalía cunha exposición de traballos. Fixemos debuxos, poemas e unha pequena biografía da súa vida.