miércoles, 4 de noviembre de 2015

COLECCIÓN "TALLER EMOCIONES"

Elsa Punset (escritora, divulgadora e importante referente no ámbito da intelixencia emocional) creou unha colección de libros infantís que pretende axudar aos nenos para entender o que senten e a manexar con éxito as súas emocións.
A colección chámase "Taller de emociones" e xa están dispoñibles os dous primeiros volumes: "Los atrevidos dan el gran salto" e "Los atrevidos en busca del tesoro".


martes, 27 de octubre de 2015

CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997 cada 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. 
A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada nesa mesma data en 1992.
O obxectivo era trasladar a importancia da lectura e da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Cada ano encárgaselle a un escritor e ilustrador a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. O autor é Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura infantil 2014  e a ilustradora Leticia Ruíz Fernández.

(PREME NA IMAXE)

martes, 20 de octubre de 2015

MAMÁ VAISE Á GUERRA CONTRA O CANCRO

 
 
Como se pode explicar a un neno que tes cancro de mama? Irene Aparici converte a súa loita nun conto para os seus fillos.
Unha raíña cuxo territorio é invadido e que ten un exército de aliados que loitará sen condicións ao seu lado. Unha historia alegórica cargada de positivismo para explicar aos nenos a enfermidade do cancro. Ideal para pais, médicos e educadores. Transmite valores como a coraxe, a solidariedade e a esperanza.

martes, 6 de octubre de 2015

VENRES NAS LIBRARÍAS

(Preme na imaxe)

A nova edición do programa Venres nas librarías, promovido polas consellerías de Cultura e Educación, e de Economía e Industria, xunto coa Asociación Galega de Editores (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia, ofrecerá máis de 80 actividades este ano, durante as fins de semana de outubro e de novembro, para promover o libro, incrementar o público lector e poñer en valor as autoras e os autores galegos. Un total de 17 librarías das catro provincias serán o lugar de encontro de público lector, de libreiros e libreiras e de escritores e escritoras para dar a coñecer as novidades editoriais galegas a través de diferentes propostas.

martes, 29 de septiembre de 2015

NOVO LIBRO DE XOÁN BABARRO

Comezamos o curso cunha novidade da Editorial Galaxia, na súa colección Arbore e recomendada para lectores a partir dos 10 anos.
Xoán Babarro propón neste libro, unha viaxe ás rúas de Bengala da man do profesor Robindra. Este mestre de literatura, amante do teatro de monicreques, aproveitará as carautas de boteiro de Vilariño de Conso para contar aos nenas e nenas fermosas historias e poesías.
Teremos tamén ocasión de aprender e practicar algunhas palabras en bengalí.