Xa sabemos cales son os gañadores do concurso de cabazas! Cada ano está máis empatado e aínda que todos merecen un premio (e terano convertido en bibliopuntos) só tres poden ser os finalistas, que a maiores se levarán bibliopuntos extra! 4 para o primeiro posto, 3 para o segundo e 2 para o terceiro.
Agora si aí vai o resultado!
- 1º finalista: Alexander García de 6º A de infantil
- 2º finalista: Paula Penedo de 3ºA
- 3º finalista: Adrián Gesteira de 5ºB
Parabén a todos polo voso traballo e ánimo para seguir participando nas vindeiras actividades que se irán propoñendo ao longo deste curso!
miércoles, 30 de octubre de 2013
martes, 29 de octubre de 2013
ENTREGA MOCHILAS VIAXEIRAS EN PRIMARIA
Onte foi a entrega das mochilas viaxeiras na primaria, os nenos e nenas xa teñen moitas gañas de telas na casa e de coñecer tódalas sorpresas que lles acompañan.
Estas virán cargadas de novidades!
viernes, 25 de octubre de 2013
Concurso de cabazas 2013!
Unha das actividades que levamos a cabo ao
longo da semana é o noso xa famoso Concurso de Cabazas de Samaín, unha actividade que poñemos en marcha co fin de
facer partícipes as familias nesta festa.
Ano tras ano a participación é maior, así como a orixinalidade á hora de decorar as cabazas. O máis importante é ese momentiño no que toda a familia se reúne para facer algo en común divertido e moi entretido como pode ser decorar unha cabaza.
Cal será a gañadora? Pronto saberémolo. ESTADE MOI ATENTOS!
Un ano máis grazas pola vosa estupenda participación!

miércoles, 23 de octubre de 2013
BIBLIOTECAS ESCOLARES
Mañá 24 de outubro é o día internacional das bibliotecas escolares se queredes máis información clicade na imaxe que aparece á dereita do blog, un chisquiño máis abaixo ou na mesma imaxe que aparece aqui.
martes, 22 de octubre de 2013
“Os sábados, conto” na Biblioteca Central. E moitas máis actividades!
Case todos os sábados de outubro a xuño haberá contacontos, teatro, monicreques, etc., para nenos/as a partir de 3 anos na Biblioteca Central de Vigo (c/Joaquín Yañez, 6, Casco Vello).
- Sábado 26 ás 11:00: "Maxia Vs Ciencia", narración e teatro pola Illa dous Nenos. Para nenos de 7 a 14 anos. 120 min
Celebración do Día Internacional das Bibliotecas na Biblioteca Central Taller de actividades infantís no cal se elaborará un libro para a biblioteca. Os nenos/as escollerán a temática da historia que queiran contar nel e montarán coa axuda dos seus pais as distintas páxinas deste libro tan especial.
- Xoves 24 de outubro ás 18:00
Para máis información: http://rbgalicia.xunta.es/vigo/
Tlf: 986229074

Suscribirse a:
Entradas (Atom)