martes, 29 de abril de 2025
EXPERIMENTOS CON SANDRA BOLAÑO
CLUB DE LECTURA "REDES", 8 DE MAIO NA BIBLIOTECA
O 8 de maio de novo cun libro de Eloy Moreno, "Redes", sesión do Club de Lectura coa profe María e o alumnado de 3º Ciclo.
miércoles, 23 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO
Este martes 23 de abril, celebramos o Día do Libro cunha actividade de amadriñamentos e apadriñamentos lectores, onde as nenas e os nenos de 3º a 6º de EP, agasallaron as súas afilladas e afillados coa lectura dun conto, que prepararon o longo desta semana, e estes agradecéronllo cun marcapáxinas. Como o bo tempo acompañou, a actividade fíxose no exterior.
lunes, 7 de abril de 2025
2ª PARTE DO PROXECTO, EXPERIMENTACIÓN
Nesta segunda parte do proxecto o alumnado fixo as súas propias investigacións tentando aplicar o método científico e tendo a compañía, nalgúns casos, dalgunhas das científicas e científicos do seu proxecto e de membros da comunidade educativa. Aquí unha pequena mostra:
jueves, 3 de abril de 2025
CLUB DE LECTURA "HEARTSTOPPER 3"
Rematamos unha nova sesión do Club de Lectura coa profe María e os protagonistas de "HEARTSTOPPER 3". As nenos e nenos de 6º de primaria participaron nesta enriquecedora sesión, compartindo a idea de igualdade, a empatía e o respecto.


