Segue a funcionar o Club de Lectura en 6º de Primaria. "HEARTSTOPPER VOLUMEN 2" de Alice Oseman.
lunes, 10 de marzo de 2025
PDI MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA: VISITAS CIENTÍFICAS 6º EI, LUISA MARTÍNEZ LORENZO
O alumnado de 6º de educación infantil recibiu a súa científica, Luisa Martínez Lorenzo. Luisa é doutora en Ciencias do Mar, ata o ano 2007 dedicouse a investigación oceanográfica para despois redirixirse a comunicaión social e científica.
É responsable da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigación Científicas en Galicia. "PUF! VAIA PEIDO... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes" é a súa obra de divulgación, pero hoxe contounos unha fermosísima historia sobre unha nena e o mar, "La ola", de Suzy Lee.
viernes, 28 de febrero de 2025
PDI MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA: VISITAS CIENTÍFICAS 5º EP, SANDRA BOLAÑO GARCÍA
Despois de traballar a nosa científica, Sandra Bolaño, tivemos a sorte de que acudira a pasar un rato con nos. Sandra é científica e nai dun compañeiro noso, traballa como directora do CACTI (Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación) en Vigo.
Falounos da súa traxectoria e fixemos un experimento, unha reacción química dun barquiño de papel con sodio na auga e o hidróxeno, o resultado foi explosivo!!!
MOITAS GRAZAS SANDRA!!!
PDI MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA: VISITAS CIENTÍFICAS 4º EI, ANDREA GARCÍA E TOMÁS TRONCOSO
O alumnado de 4º de EI recibiu unha visita científica: Andrea García e Tomás Troncoso, científica e científico, ademais de nai e pai dun alumno, explicáronnos como funciona un volcán e para iso fixeron unha pequena erupción na nosa clase!!!
MOITAS GRAZAS!!!

