sábado, 8 de marzo de 2025

8M




 

viernes, 28 de febrero de 2025

PDI MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA: VISITAS CIENTÍFICAS 5º EP, SANDRA BOLAÑO GARCÍA

 Despois de traballar a nosa científica, Sandra Bolaño, tivemos a sorte de que acudira a pasar un rato con nos. Sandra é científica e nai dun compañeiro noso, traballa como directora do CACTI (Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación) en Vigo. 

Falounos da súa traxectoria e fixemos un experimento, unha reacción química dun barquiño de papel con sodio na auga e o hidróxeno, o resultado foi explosivo!!!

MOITAS GRAZAS SANDRA!!!





PDI MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA: VISITAS CIENTÍFICAS 4º EI, ANDREA GARCÍA E TOMÁS TRONCOSO

 O alumnado de 4º de EI recibiu unha visita científica: Andrea García e Tomás Troncoso, científica e científico, ademais de nai e pai dun alumno,  explicáronnos como funciona un volcán e para iso fixeron unha pequena erupción na nosa clase!!!

MOITAS GRAZAS!!!




jueves, 27 de febrero de 2025

ALMA DE ELEFANTE, CON ANDREA MACEIRAS

 Onte visitounos Andrea Maceiras, estivo co alumnado de 5º de EP, falando da súa obra "ALMA DE ELEFANTE", foi unha visita moi agradable e instructiva. O rematar, firmou exemplares e tamén no noso libro de visitas.


MOITAS GRAZAS ANDREA!!!






miércoles, 26 de febrero de 2025

ANIMACIÓN A LECTURA: VISITA DE ANDREA MACEIRAS

 Xa temos todo preparado para a visita de Andrea Maceiras, autora de "Alma de elefante", que debatira co alumnado de 5º de educación primaria sobre este fermosísimo libro sobre a relación dun home e un elefante.