martes, 17 de diciembre de 2024

PRIMEIRA PARTE DO PDI, "MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA"

 Neste primeiro trimestre o alumnado de Primaria e de Infantil escolleu unha científica para traballar a súa biografía. Coas festas de Nadal aproveitamos para convidalas e sentalas na mesa de IGUALDADE, onde ofrecémoslle un menú de aninovo moi especial.



CLUB DE LECTURA 6º EP

Hoxe martes 17 de decembro, no recreo, o CLUB DE LECTURA celebrou unha merenda para despedir o ano e  falar do libro que están a traballar coa mestra María. "INVISIBLE", de Eloy Moreno.



lunes, 25 de noviembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 MIRANDO AO FUTURO SEN VIOLENCIA, 25 DE NOVEMBRO


 Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero, dende a     Biblioteca colaboramos con Igualdade cunha selección de fondos, e tamén        vestimos a bata violeta.




jueves, 21 de noviembre de 2024

CLUB DE LECTURA EN 6º DE PRIMARIA

 A profe María ten organizado un Club  de Lectura coas alumnas e alumnos de 6º de Educación Primaria, o libro escollido é "INVISIBLE", de Eloy Moreno.

Que boa idea!!!





jueves, 24 de octubre de 2024

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA NO CEIP BALAÍDOS 2024/2025: MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA


 Hoxe 24 de marzo abrimos a nosa Biblioteca co gallo do Día das Bibliotecas, xa temos preparadas as Mochilas Viaxeiras e as Caixas Violetas para repartir polas clases e comezar a súa viaxe. 




Este curso o noso PDI ten como lema  "MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA", coma sempre esperamos a vosa colaboración.


Tamén aproveitamos para comunicar o horario de apertura da Biblioteca polas tardes, lembrade que as nenas e nenos deben vir acompañados. Moitas grazas.