viernes, 10 de mayo de 2024

ACTIVIDADES BIBLIOTECAS CREATIVAS

 Neste curso 2023/24 formamos parte do Proxecto de Bibliotecas creativas. Dentro das actividades deste proxecto incluimos unha zona con xogos de mesa na Biblioteca:



O alumnado de 5º e 6º participou na elaboración dun mural empregando técnicas de impresión nun obradoiro de cartelería:


                                                                  



O alumnado de E.I. fixo un obradoiro de arte con Hervé Tullet:

                                           


                                                



viernes, 3 de mayo de 2024

SEMANA DO LIBRO

 Co gallo do Día do Libro onte tivemos a actividade dos Amadriñamentos e Apadriñamentos Lectores, onde o alumnado de 3º a 6º de E.P. léronlle un conto os mais pequenos no patio:





Tamén fixemos unha "CITA A CEGAS", onde levaron libros da biblioteca envoltos en papel de xornais para non saber quen era a súa "cita" ata chegar a casa.





martes, 30 de abril de 2024

A NOSA BIBIOTECA

 Neste video podemos ver a distribución da nosa Biblioteca e as súas seccións.





miércoles, 21 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

Chegou a hora dun merecido descanso! Por iso tedes aquí unhas recomendacións de libros de lectura para relaxarse e desconectar nestas vacacións de verán!




lunes, 19 de junio de 2023

LÉVAME PARA A CASA!

Neste curso, e seguindo a actividade dentro do programa de Erasmus + de "Our eco-school is blooming" (liberando libros polo medio ambiente), realizamos un intercambio de puntos por contos descatalogados do noso centro.

O alumnado, por niveis, foron acudindo ao patio para realizar o intercambio. Sempre acompañados e guiados polo equipo de Axudantes da Biblioteca, que fixeron unha gran labor durante todo o curso. 

A experiencia foi moi enriquecedora e gratificante. Aquí vos deixamos algúns dos momentos vividos:

 

Aproveitamos esta actividade para entregarlles aos nosos axudantes un detalliño polo seu esforzo e constancia ao longo de todo o curso.



MOITÍSIMAS GRAZAS!