XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA DESTE CURSO!
Pinchade na foto para vela:
O día 12 de xuño, , as nenas e nenos de primeiro de Educación Primaria recibiron a visita de Antón Cortizas, escritor do conto "O lapis de Rosalía", que leron en clase.
Disfrutamos moito da súa compaña e tivemos a sorte de ver e usar o lapis máxico de Rosalía.
O alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria recibiron a visita do ilustrador Víctor Rivas para falarnos do proceso de ilustración do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Foi moi interesante coñecer como se ilustra un libro e a información que transmite cada debuxo, as capas de deseño, a banda deseñada...Tamén mostrounos láminas da súa obra xeral. Abriu quenda de preguntas e ... aprendemos moitísimo!
Temos que recoñecer que botamos moito de menos a Ledicia Costas, a escritora deste famoso libro.
GRAZAS POR VIR, VÍCTOR!
Todo o alumnado do colexio realizou, durante todo o curso, dous contos colaborativos. Comezaron os maiores para rematalos os máis cativos.
A única consigna do tema dos contos era que tiñan que estar relacionado co proxecto deste curso: "Aforra enerxía, coida a Terra... alongaremos a vida". Salvo isto, deixaron voar a súa imaxinación!
Este reto tamén está relacionado co lema das Bibliotecas Escolares que, neste curso, fai fincapé na escritura.
Queredes velos? Clicade no seu título.
A túa opinión é moi importante para seguir mellorando!
O prazo para realizala rematará o venres 26 de maio.
Moitas grazas por participar.
Esta enquisa está elaborada para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria: