XA ESTÁ AQUÍ A REVISTA BREOGÁN!
Pinchade na foto para vela:
Un dos libros do itinerario lector deste curso para 6º foi "Os camiños do vento", de Xavier Estévez.
O xoves 19 de maio Xavier achegouse ata o CEIP Balaídos para falarnos, entre outros temas, do seu libro.O alumnado puido facerlle preguntas sobre o proceso de escritura, as letras galegas e demáis temas que foron xurdindo. Compartimos un rato moi agradable co autor e para rematar asinou e adicou persoalmente os libros de todo o alumnado e deu algúns consellos sobre o paso ao instituto.
O 15 de maio celebramos o Día da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia que ten a familia como unidade básica da sociedade, así como a súa preocupación pola situación das familias en todo o mundo.
No cole fixemos un pequeno documental para conmemorar esta data.
Esperamos que vos guste moito!
No segundo trimestre estivemos a ler o conto "O cociñeiro Martiño" en 1º de Educación Primaria e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desparecidas" en 2º de Educación Primaria.
O 12 de maio tivemos unha visita moi especial, o escritor Iago López!
Chegou cunha caixa misteriosa e díxonnos que nos ía contar un conto... Non máis comezar ao escoitalo soubemos que se trataba do "Cociñeiro Martiño" e moi atentos iamos vendo como o conto cobraba vida e, incluso, algúns dos nosos compañeiros formaban parte del.
Despois con moita paciencia respondeu as nosas dúbidas e asinou os nosos exemplares.
A verdade é que foi unha experiencia estupenda e moi divertida.
Grazas Iago López!