viernes, 20 de mayo de 2022

VISITA DO ESCRITOR XAVIER ESTÉVEZ

Un dos libros do itinerario lector deste curso para 6º foi "Os camiños do vento", de Xavier Estévez.  

O xoves 19 de maio Xavier achegouse ata o CEIP Balaídos para falarnos, entre outros temas, do seu libro. 

O alumnado puido facerlle preguntas sobre o proceso de escritura, as letras galegas e demáis temas que foron xurdindo. Compartimos un rato moi agradable co autor e para rematar asinou e adicou persoalmente os libros de todo o alumnado e deu algúns consellos sobre o paso ao instituto.  



GRAZAS!

lunes, 16 de mayo de 2022

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celebramos o Día da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia que ten a familia como unidade básica da sociedade, así como a súa preocupación pola situación das familias en todo o mundo.

No cole fixemos un pequeno documental para conmemorar esta data.

Esperamos que vos guste moito!

viernes, 13 de mayo de 2022

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

No segundo trimestre estivemos a ler o conto "O cociñeiro Martiño" en 1º de Educación Primaria e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desparecidas" en 2º de Educación Primaria. 

O 12 de maio tivemos unha visita moi especial, o escritor Iago López!

Chegou cunha caixa misteriosa e díxonnos que nos ía contar un conto... Non máis comezar ao escoitalo soubemos que se trataba do "Cociñeiro Martiño" e moi atentos iamos vendo como o conto cobraba vida e, incluso, algúns dos nosos compañeiros formaban parte del.

Despois con moita paciencia respondeu as nosas dúbidas e asinou os nosos exemplares.

A verdade é que foi unha experiencia estupenda e moi divertida.

Grazas Iago López!

jueves, 12 de mayo de 2022

XOÁN CHEGOU A GRECIA!

                                                     Xa estou en Grecia! 

Saúdos dende Pastida





jueves, 28 de abril de 2022

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

O pasado mércores 27 de abril os nenos e nenas de 5 anos de infantil tivemos a sorte de que nos viñera a visitar Paco Nogueiras. 

Viu ao colexio cargado cunha maleta chea de contos de animais: Elmer, Os ratos van a escola, Animais... 

Pasámolo moi ben escoitando e cantando todos os contos. 












Agardamos volver a repetir a experiencia!