martes, 8 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

Esta semana, do 8 ao 12 de marzo, conmemórase a semana da prensa. 

No curso pasado fixemos unha homenaxe a nosa revista escolar "Breogán", que ademáis cumpría 40 anos do inicio da súa elaboración.

Para seguir léndoa e gozando dela, lembrade que só tedes que clicar na seguinte imaxe que se atopa na marxe dereita do blogue:


Neste curso, faremos unha exposición na nosa biblioteca para que o noso alumnado poida lelas mentres está nela:




CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, día da muller traballadora, dende o Ceip Balaidos queremos homenaxear esta data facendo a nosa representación dunha imaxe icónica deste día:



FELIZ DÍA!

VISITA DA ILUSTRADORA EVA CASAIS

Este ano traballamos no cole á ilustradora Eva Casais. 

O luns 7 de marzo tivemos a sorte de que veu visitarnos e levou a cabo o mural sobre a igualdade que nos fai na fachada do cole. Baixamos en tandas para facernos unha foto con ela diante do mural que ela comezou e que rematarán os alumnos do cole. 

Vai quedar espectacular!!!!


lunes, 28 de febrero de 2022

FESTEXAMOS O ENTROIDO!

O venres 25 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!

Este ano seguindo o proxecto documental integrado "Camiñando por Europa" fixemos  e baixo o lema "Non hai fronteiras", o cole encheuse de exploradores e exploradoras, cámaras de fotos, peregrinos e peregrinas, turistas, pasaportes, información importante dos diferentes países europeos  e cantantes do grupo Tanxugueiras.


Para cumprir o protocolo e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.

Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.

viernes, 25 de febrero de 2022

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro conmemoramos a Rosalía de Castro.

Este ano, entre todo o alumnado, realizamos un mural empregando a flor preferida de Rosalía, o pensamento.


Tamén levaron para a casa unha flor de pensamento e decorando van uns versos da escritora.




FELIZ DÍA DE ROSALÍA!