jueves, 25 de noviembre de 2021

CELEBRAMOS O 25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar esta data @s alumn@s realizaron, entre todos nas súas aulas, un mural no que reflexionamos sobre o que facemos nas seguintes situacións:

 "Se me queres..." e "Se me queres, non..." 

Para rematar, colocamos todos os nosos murais no corredor principal do colexio, mostrando o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.

Aquí deixamos a mostra do traballo realizado:

lunes, 8 de noviembre de 2021

1ºRETO: CAMIÑANDO POR EUROPA

 Ola rapaces e rapazas,

como sabedes neste curso estou a viaxar por Europa, coñecendo outros países. 

Queredes saber cales son? Propóñovos un reto. Teredes que pasar probas e poñer a proba os vosos coñecementos como lectores.

Aceptades? Buscade o voso nivel e a xogar!




RETO PARA EDUCACIÓN INFANTIL:


RETO PARA O 1º INTERNIVEL (1º E 2º):


RETO PARA O 2º INTERNIVEL (3º E 4º):


RETO PARA O 3º INTERNIVEL (5º E 6º):

domingo, 24 de octubre de 2021

APERTURA DA NOSA BIBLIOTECA!

 Ola amigos e amigas,

como sabedes, o 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. Un curso máis para viaxar polo marabilloso mundo da lectura!

Neste día tan especial non me atopo no colexio. Queredes saber que foi o que pasou? 

Dádelle ao play!

Mentres non volvo déixovos as mochilas viaxeiras para que  aprendades moito e pasedes un bo momento en familia.


Vouvos botar moito de menos, mantereivos informados e en nada xa estou de volta, con moitas historias e recordos da miña viaxe para vós. Deica logo!

jueves, 21 de octubre de 2021

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

As bibliotecas escolares de Galicia publican o lema e o cartel de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.

Dende a nosa biblioteca seguimos a adaptar o lema ao noso propio proxecto, que neste curso vai da man co proxecto Etwinning que imos levar a cabo no colexio:

"CAMIÑANDO POR EUROPA"


O curso pasado a Curuxa viaxou arredor de Europa e coñeceu Polonia, Suecia, Grecia e Turquía. Este curso Xoán, a mascota da biblioteca quixo ser coma Curuxa e descubrir Europa. Camiñaremos da súa man para coñecer a música, a gastronomía e a literatura dos nosos países veciños e eles coñecerán a nosa cultura.

lunes, 21 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Logo dun curso atípico, cheo de hidroxel, mascarillas, distancia de seguridade e todo tipo de protocolos, chegou a hora dun merecido descanso. Por iso tedes aquí unhas recomendacións de libros de lectura para relaxarse e desconectar .
                    
EDUCACIÓN INFANTIL
1º INTERCICLO (1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA)
2º INTERNIVEL (3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA)

3º INTERNIVEL (5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA)


BO VERÁN!