jueves, 21 de octubre de 2021

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

As bibliotecas escolares de Galicia publican o lema e o cartel de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quere poñer o foco na palabra e a oralidade.

Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.

Dende a nosa biblioteca seguimos a adaptar o lema ao noso propio proxecto, que neste curso vai da man co proxecto Etwinning que imos levar a cabo no colexio:

"CAMIÑANDO POR EUROPA"


O curso pasado a Curuxa viaxou arredor de Europa e coñeceu Polonia, Suecia, Grecia e Turquía. Este curso Xoán, a mascota da biblioteca quixo ser coma Curuxa e descubrir Europa. Camiñaremos da súa man para coñecer a música, a gastronomía e a literatura dos nosos países veciños e eles coñecerán a nosa cultura.

lunes, 21 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Logo dun curso atípico, cheo de hidroxel, mascarillas, distancia de seguridade e todo tipo de protocolos, chegou a hora dun merecido descanso. Por iso tedes aquí unhas recomendacións de libros de lectura para relaxarse e desconectar .
                    
EDUCACIÓN INFANTIL
1º INTERCICLO (1º e 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA)
2º INTERNIVEL (3º e 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA)

3º INTERNIVEL (5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA)


BO VERÁN!

viernes, 28 de mayo de 2021

VISITA DO ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS

O día 26 de maio, as nenas e nenos de primeiro de Educación Primaria recibiron a visita de Antón Cortizas, escritor do conto "O lapis de Rosalía", que leron en clase.

Disfrutamos moito da súa compaña e tivemos a sorte de ver e usar o lapis máxico de Rosalía.


Esperamos que volva pronto visitar o noso colexio!


 
 



 


viernes, 21 de mayo de 2021

ENCONTRO CO ESCRITO XAVIER ESTÉVEZ

O pasado martes día 11 de maio, visitou ao alumnado de 5º de Educación Primaria, de maneira virtual, o autor do libro “Avións de papel”, Xavier Estévez. Neste encontro, feito por videoconferencia, puidemos intercambiar as diferentes visións sobre o argumento do libro, impresións sobre os protagonistas, así como a experiencia persoal do autor nos seus inicios como escritor.

Ademais, Xavier contounos tamén que xa escribiu a segunda parte da historia de Lucas e Sara, os protagonistas do libro que xa lemos. Este nova obra se titula “Os camiños do vento” e, por suposto, xa estamos desexando lela!!!


A experiencia foi moi ben recibida e valorada polo alumnado de quinto, que desexa que se volva repetir pronto.

jueves, 13 de mayo de 2021

A NOSA REVISTA BREOGÁN 2021

 

Xa está aquí a revista Breogán!  

Pinchade na foto para poder vela: