domingo, 7 de marzo de 2021

HOMENAXE A NOSA REVISTA BREOGÁN POLO SEU 40 ANIVERSARIO

Esta semana, do 8 ao 12 de marzo, conmemórase a semana da prensa. 

Neste curso queremos facer unha homenaxe a nosa revista escolar "Breogán", que ademáis cumpre 40 anos do inicio da súa elaboración.

Que sabedes da historia que se agocha detrás de tantos anos de publicacións? 

Xoan coa axuda do mestre Rafa queren contarvos un conto moi especial no que se recolle a nosa historia.

 


Nos esquezades facer unha viaxe dende a primeira revista publicada no ano 1981 ata a actual premendo na seguinte imaxe:


 

miércoles, 3 de marzo de 2021

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado do colexio festexou o aniversario de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, con distintas actividades; desde manualidades ata recitado de poemas.



 

 
  

martes, 16 de febrero de 2021

FESTEXAMOS O ENTROIDO!

O venres 12 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!

Este ano seguindo o tema "Superheores e superheroinas na pandemia" fixemos cos nosos disfraces de homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia, polo que o cole encheuse de superheroes e superheroinas, bombeiros e bombeiras, policías, traballadores de supermercado, hosteleiros e hosteleiras, repartidores e sanitarios e sanitarias.

Para cumprir o protocolo e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.

Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.

                               DESFILE DOS GRUPOS A

 

DESFILE DOS GRUPOS B

  

 

jueves, 11 de febrero de 2021

XA CHEGOU O ENTROIDO

No colexio Balaídos temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.

Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”.

Nesta ocasión non había dúbida, era doado escoller! Non si?

Por iso o noso Meco é o Coronavirus, que xa nos fixo vir desde setembro coa incómoda máscara posta, e nesta semana, aínda por riba, mandounos traer: zapatos cambiados, cousas en cintura e pescozo,...


Elaborado polo alumnado de 5º de Ed. Primaria

Por todo iso, foi xulgado no XUÍZO DO MECO polo alumnado de 6º de EP, como xa é tradición desde sempre, que diante da imposibilidade de facelo no patio coma noutrora argallouse unha videomontaxe na que tamén participaron todas os grupos de Infantil e Primaria, a fin de coñecer a súa opinión para sentencialo á QUEIMA ou salvalo.

Ah! Que estades a pensar? Que vos gustaría velo? Pois.... tendes sorte! Aquí vos deixamos o video. Desexamos que gostedes del!

VIVA O ENTROIDO!!!!!

domingo, 7 de febrero de 2021

ENTROIDO

 Estamos preparando o Entroido. Este ano o tema é "Superheroes e Superheroinas na pandemia" e este é o noso MECO:


Dende a Dinamización da Lingua Galega  deixannos unha canción do Entroido para ir sumerxíndonos na festa.
 

E aquí material para traballalo: