O alumnado do colexio festexou o aniversario de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, con distintas actividades; desde manualidades ata recitado de poemas.

O venres 12 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!
Este ano seguindo o tema "Superheores e superheroinas na pandemia" fixemos cos nosos disfraces de homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia, polo que o cole encheuse de superheroes e superheroinas, bombeiros e bombeiras, policías, traballadores de supermercado, hosteleiros e hosteleiras, repartidores e sanitarios e sanitarias.
Para cumprir o protocolo e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.
Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.
DESFILE DOS GRUPOS A
DESFILE DOS GRUPOS B
No colexio Balaídos temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.
Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”.
Nesta ocasión non había dúbida, era doado escoller! Non si?
Por iso o noso Meco é o Coronavirus, que xa nos fixo vir desde setembro coa incómoda máscara posta, e nesta semana, aínda por riba, mandounos traer: zapatos cambiados, cousas en cintura e pescozo,...
Por todo iso, foi xulgado no XUÍZO DO MECO polo alumnado de 6º de EP, como xa é tradición desde sempre, que diante da imposibilidade de facelo no patio coma noutrora argallouse unha videomontaxe na que tamén participaron todas os grupos de Infantil e Primaria, a fin de coñecer a súa opinión para sentencialo á QUEIMA ou salvalo.
Ah! Que estades a pensar? Que vos gustaría velo? Pois.... tendes sorte! Aquí vos deixamos o video. Desexamos que gostedes del!
VIVA O ENTROIDO!!!!!
Aquí tedes algunhas recomendacións de libros para ler sobre a paz.
EDUCACIÓN INFANTIL
2º INTERNIVEL (3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA )