O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e a Non Violencia, pero como este ano cadra en sábado, conmemorámolo o venres 29.
Todos os anos xuntabámonos no patio para escoitar o manifesto e cantar a canción, cunha parte en lingua de signos, escollida e traballada na área de Educación Musical pola profesora Bea.
Este ano non podiamos quedarnos atrás e para celebralo adaptámonos a esta situación que estamos a vivir.
O alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou un manifesto que gravou para que todos podamos velo nas nosas aulas:
Ademais cada aula escribiu o seu desexo para a paz mediante palabras, que están colocadas por varios murais do cole.
Queredes saber cales son? No seguinte vídeo poderedes velas mentres escoitades a canción escollida este ano "Cor Esperanza" de Diego Torres.
Xuntos na hora de ler festexaremos a Paz, vendo o noso traballo, nas nosas aulas.
Despois do esforzo e traballo realizado por todos vos neste primeiro trimestre tan atípico, debido a pandemia do Covid-19, chegou a hora dunhas merecidas vacacións de nadal.
Dende a biblioteca querémosvos animar a ler un pouquiño, polo que deixámosvos aquí unhas recomendacións de lecturas que podedes pedir nas vosas cartas a papá Noel e os Reis Magos.
Polo Magosto, as nosas amigas Casilda e Hermenexilda propuxeron o reto de narrar contos populares de distintas partes do mundo e poder estar xuntos nesta situación que nos fai estar afastados uns dos outros.
O alumnado non o dubidou e púxose mans a obra...
E aquí temos o resultado do seu gran traballo e diversos contos populares!
"LAS TRES TRUCHAS"
Conto popular da India narrado polo alumnado de 3 anos A.
"O VAGALUME QUE NON QUERÍA VOAR"
Conto popular de Tailandia narrado polo alumnado de 4 anos A.
"EL GRAN SUSTO"
Conto popular de Suiza narrado polo alumnado de 5 anos A.
"OS CATRO AMIGOS"
Conto popular da India narrado polo alumnado de 5 anos B.
"A FADA DOS DESEXOS"
Conto popular de Suiza narrado polo alumnado de 1ºA.
"AS CABRAS TESTUDAS"
Conto popular de Puerto Rico narrado polo alumnado de 1ºB.
"SOPA DE PEDRA"
Conto popular de Portugal narrado polo alumnado de 2ºA.
"O DON DA TARTARUGA"
Conto popular de Zambia narrado polo alumnado de 2ºB.
"O TIGRE E A VACA"
Conto popular do Caribe narrado polo alumnado de 3ºA.
"OS FILLOS DE NUT"
Conto popular de Exipto narrado polo alumnado de 3ºB
"O HOME QUE NUNCA MENTIU"
Conto popular do Continente Africano narrado polo alumnado de 4ºB.
"BUENA SUERTE, MALA SUERTE"
Conto popular de China narrado polo alumnado de 4ºA.
"A PEDRA DE CUAPA"
Conto popular de Nicaragua narrado polo alumnado de 6ºA.
"EL LADRÓN BURLADO"
Conto popular de Chile narrado polo alumnado de 6ºB.
Chegado novembro, xa apañadas e recollidas as castañas veñen as celebracións populares do Magosto.
Nestas datas recibíamos a visita das castañas Casilda e Hermenexilda que nos acompañaban uns días polo colexio. Debido a situación sanitaria que estamos a vivir, este ano non poden visitarnos en persoa, pero mandáronnos un vídeo moi especial e propóñennos un reto, pero teredes que ver o vídeo para saber máis información...
O alumnado de 5º de Educación Primaria estiveron facendo en lingua galega a dobraxe do conto "A bruxa regañadentes" co motivo da conmemoración do Samaín.
Queredes ver o gran traballo que realizaron?
Aquí vos deixamos o vídeo para que podades disfrutar del!