Todo aquel alumnado que teña na súa casa libros da biblioteca e non os devolverá cando veu recoller o seu material o colexio , pode entregalos na secretaría do centro , teredes de prazo ata o día 30 de xuño.
miércoles, 17 de junio de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE VERÁN 2020
Xa
chegamos o final deste curso un pouco atípico, pero non menos
intenso, no que tivemos que traballar de maneira diferente a como
estabamos acostumados. Por iso, é o momento de relaxarse e disfrutar
coa lectura durante o verán. Aquí tedes unhas recomendacións.
INFANTIL
3 ANOS:
4 ANOS:
5 ANOS:
PRIMARIA
1º:
2º:
3º:
4º:
5º:
6º:
domingo, 17 de mayo de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
#QuedaNaCasa
Por qué celebramos o 17 de maio o Día das Letras Galegas?
A Real Academia Galega en 1963 instituíu, o 17
de maio, a celebración do Día das Letras Galegas para conmemorar os 100 anos da publicación do libro de
Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Dende
entón todos os 17 de maio dedicamos o día a persoas que destacasen pola súa
obra en galego ou defensa da nosa lingua galega.
Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo y lingüísta.
Sabíades que...?
· Naceu en Ferrol o
30 de outubro de 1910.
· Foi membro do
Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da
Lingua...
·Primeiro catedrático de Lingua e Literatura
Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
· Do seu traballo
literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como
no campo da crítica literaria e no da lingüística galega.
· Carvalho Calero está considerado o ideólogo do
reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha
variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo
de 1990.
Tamén escribiu moitos libros de poemas, teatro, relatos…
Queredes lelo? Clicade na seguinte imaxe:
Para acceder as cancións do conto clicade na seguinte icona:
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose a actividade de recolección daquelas palabras que máis vos gusta na nosa lingua, ditos, refráns e lemas que escoitades a cotío na vosa contorna...
Como resultado da actividade elaborouse un libro. Queredes ver o ben que nos quedou? Clicade na súa portada:
Para rematar esta gran celebración compartimos con todos a canción "Queremos galego" de Pablo Díaz:
jueves, 14 de mayo de 2020
DÍA DAS FAMILIAS
#QuedaNaCasa
O 15 de Maio, celebramos o Día da Familia. Esta conmemoración reflicte a importancia que ten a familia, como unidade básica da sociedade, así como a súa preocupación pola situación das familias en todo o mundo.
A nosa querida Laura Álvarez, mestra e titora de Educación Primaria do noso colexio, contaranos unha historia moi bonita “Mis
amigos y yo”. A autora é Stephanie Stansbie e
a ilustradora Katy Halford
Estade moi atentos!!
jueves, 23 de abril de 2020
DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
#QuedaNaCasa
Desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Para a difusión do Día do Libro, Manuel Gago, escritor,
xornalista e divulgador da cultura de Galicia, creou un texto orixinal cedido
xenerosamente, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos
agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como
semente, paxaro ou xabarín"
Xoán a través do seu blogue quere festexar o Día do Libro dunha maneira especial, distinta á
doutros anos polas circunstancias que estamos a vivir.
Antes de nada, quere rememorar con todos vos a actividade que facíades no cole de
apadriñar a un neno ou nena á que lle liades un conto no patio, “na hora de
ler”.
Era unha actividade moi
enriquecedora xa que durante a semana os padriños e as madriñas visitaban aos
seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores… Ao
mesmo tempo os afillados / as , preparaban , con moito agarimo, un marcapáxinas
para regalarllos a eles.
Fixádevos!
Fixádevos!
Agora toca vivilo,
dunha maneira virtual, a través duns videocontos que nos enviaron nenos e
nenas do colexio para subilos ao blogue da biblioteca. Non podemos subilos
todos pero desde aquí darvos as grazas pola enorme participación.
GRAZAS DE
TODO CORAZÓN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























