lunes, 6 de abril de 2020

O PRINCIPIÑO CUMPRE 77 ANOS

#QuedaNaCasa

O día 6 de abril, cumpriuse 77 anos da publicación de O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra.


Gozada por cativos e maiores, trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio.

Compartimos con vos o audiolibro:

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

#QuedaNaCasa

O día 2 de abril celebramos o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
O TEA (transtorno do espectro autista) é una condición que teñen algunas persoas que afecta a súa linguaxe e socialización en diferentes grados.

CAMPAÑA 2020
O movemento de asociación do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, lanzou unha campaña de sensibilización para visualizar a realidade do grupo, as súas necesidades e as súas capacidades.

O lema deste ano é "Podo aprender. Podo traballar"

Centrou a atención en dous aspectos importantes para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA:

  • Acceso á educación.
  • Emprego de calidade e adaptado ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA.

Isto require un cambio de mentalidade na sociedade para apoiar as súas capacidades, prioridades e necesidades; crear e manter os servizos de apoio necesarios e promover a accesibilidade do grupo en todos os sectores.


Nesta imaxe, as mans sosteñen diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades de cada persoa e preséntase en cinco cores diferentes que reflicten a diversidade e a pluralidade existentes dentro do espectro do autismo.
 ¡Haz un gesto por el autismo! #DiaMundialAutismo 


    Neste vídeo nos proponen facer o infinito para demostrar o noso  compromiso co autismo:


Para rematar, deixámosvos estes contos:


 “El viaje de María“

Fundación Orange,  unha curtametraxe de animación realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.


"El cazo de Lorenzo"




Pictocuentos: Comunicación sencilla con pictogramas

Podedes acceder aos contos pinchando na seguinte imaxe. 



DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

#QuedaNaCasa

Desde 1967, o 2 de abril, celébrase o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, para fomentar a lectura entre os máis cativos.
A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia, que difunde a mensaxe de Peter Svetina ilustrada por Damijan Stepancic: Fame de Palabras.
Esta é a mensaxe e o cartel:



Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria queren compartir con vos estes contos:








Tamén queremos recordar, neste día, aos alumnos de 3º e 5º de Educación Primaria que foron á clase de 1º, na hora de ler, a lerlles con entusiasmo e moito agarimo:



Para rematar e conmemorar esta data Xoan proponvos a lectura de varios contos:






































viernes, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

#QuedaNaCasa

O 27 de marzo de 1962 o Instituto Internacional do Teatro (ITI) decidiu establecer esta data como Día Mundial do Teatro, lembrando a apertura do Teatro das Nacións en París. O seu obxectivo é promover o teatro en todas as  súas formas arredor do mundo, crear conciencia sobre o valor do teatro e poñer  en valor a forma de arte "teatro".
Este ano o dramaturgo pakistaní Shahid Nadeem é o encargado do manifesto: O Teatro como Santuario.

Recollemos un fragmento do Manifesto de 
Paula Carballeira
, para GÁLIX no Día Mundial do Teatro. (Preme na imaxe de Gálix para ler todo o Manifesto)



Nestes tempos de confinamento son moitas as actividades que , a través das redes, conmemoran esta data. Pinchade nas imaxes para acceder a elas:
  • Tanxarina Títeres: A Galiña Azul

  • Caramuxo Teatro comparte "Na Casa", teatro para bebés con música e cancións

  •      GÁLIX: Teatro Infantil Galego no Día Mundial do Teatro

Como nos dí sempre o profe Rafa:

Sabíades que calquera conto pode ser contado de xeito teatral, facendo teatro?

Pois abofé que si! Unha persoa chega! Cambiando as voces para que os personaxes do conto dialoguen; facendo acenos e xestos, usando só a palabra e imitando sons; facendo ao público imaxinar obxectos, animais ou persoas,...

Na hora de ler do Colexio Balaídos non só lemos, tamén temos Contacontos, contos dramatizados. 

Vede aquí este videoconto supercoñecido: “Os 7 Cabritos”.
Probade vós! Animádevos! Aprendede un conto e contádeo!
Vós podedes facelo!!

 

Agora é un bo momento para lembrar obras de teatro que fixo o alumnado noutros anos:










Autora do conto: Ruth Bernárdez Vázquez

jueves, 12 de marzo de 2020

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Entre os días 9 e 12 de marzo, os nen@s de Educación Infantil, visitaron a biblioteca pública de Vigo "Juan Compañel", onde dun xeito moi divertido lles explicaron a historia da biblioteca, que poden facer nela, as normas, como facer o servizo de préstamo e como facer os carnets.

Tamén lles dixeron que había moitos tipos de libros, como os que están en braille para os nen@s cegos.

O pasaron xenial!