lunes, 9 de marzo de 2020

CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Este ano adicamos o día Internacional da Muller traballadora a Concepción Arenal.

O 31 de xaneiro cumpría 200 anos do nacemento da que pode considerarse a pioneira do feminismo en España. Nacía en 1820 en Ferrol. Sempre dixo que quixo ser avogada, ata o punto de que, nunha época na que a educación estaba vetada ás mulleres, disfrazouse de home para ir de oínte á Facultade de Dereito. Foi unha firme defensora do dereito á educación das mulleres.


Este mural foi confeccionado polo alumnado do colexio conmemorando a vida e obra de esta gran muller.




O luns 9 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora dende a Comisión da Igualdade do centro, preparáronse unhas CAIXAS DE COR VIOLETA  para cada nivel con libros relacionados co tema da igualdade.
















O alumnado de 2º leu un breve texto alusivo ao tema e procedeu á entrega das caixas a cada nivel, que recolleron por parellas de cada un dos niveis. Unha vez na aula fíxose a lectura conxunta dalgunha  das obras.


Aquí tedes o texto que leron os alumnos de 2º:



  











A actividade propón unhas lecturas pola igualdade para romper estereotipos, para a visibilidade das mulleres pioneiras e ilustres, para coñecer  familias diversas, para convivir en armonía... e moitas cousas máis!

Como  di a canción que homenaxea a Concepción Arenal, "Las mismas oportunidades, hombre y mujer son iguales, bailando al compás para lograr  triunfar en igualdad"

" S O M O S         D I F E R E N T E S         S O M O S          I G U A I S "

viernes, 28 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA

O día 28 venres celebrouse no colexio o día de Rosalía, xa que este ano cadrou en pleno entroido.O alumnado do colexio, na sesión do proxecto lector, recitou, cantou,  etc... poemas de Rosalía polas aulas.




lunes, 24 de febrero de 2020

MECO RIMOSO

O meco este ano está relacionado co medio ambiente e o alumnado de 5º de primaria elaborou as ordes con rimas. Aquí as tedes:













miércoles, 12 de febrero de 2020

VISITA DA ESCRITORA ALICIA BORRÁS


O pasado 12 de febreiro visitounos a escritora Alicia Borrás, autora do libro "Nata y chocolate". 

O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo conversando con ela, que lles falou dos libros que escribiu, da súa outra profesión, que é actriz de dobraxe, dos novos proxectos literarios que ten entre mans... 

Pero, sobre todo, faloulles da historia de Sonia, Lola e Juan, os protagonistas do libro, en quen se inspirou, canto tardou en escribilo,..e todo aquilo que as nenas e nenos lle preguntaron.

Para rematar firmoulles, con moito agarimo, a cada un o seu libro.










lunes, 10 de febrero de 2020

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

O venres tivemos no colexio unha xornada de contacontos. Os alumnos/as de infantil e 1º de primaria, asistiron a representación do conto ULA LÚA? de Celtia Figueiras que nos conta unha historia sobre amor, familia e amizade, onde valores como tenrura, respecto ou solidariedade cobran importancia fronte a un mundo onde non cabe a violencia..






Por outra banda os alumnos/as de 2º e 3º de primaria asistiron a representación do conto "Somos Iguais" de Raquel Queizás que nos conta que tanto nenos coma nenas somos iguais  tanto de valentes coma de sensibles.