lunes, 10 de febrero de 2020

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

O venres tivemos no colexio unha xornada de contacontos. Os alumnos/as de infantil e 1º de primaria, asistiron a representación do conto ULA LÚA? de Celtia Figueiras que nos conta unha historia sobre amor, familia e amizade, onde valores como tenrura, respecto ou solidariedade cobran importancia fronte a un mundo onde non cabe a violencia..






Por outra banda os alumnos/as de 2º e 3º de primaria asistiron a representación do conto "Somos Iguais" de Raquel Queizás que nos conta que tanto nenos coma nenas somos iguais  tanto de valentes coma de sensibles.






viernes, 7 de febrero de 2020

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

Esta semana os alumnos/as de 2º A e B fixeron unha visita á biblioteca Juan Compañel de Vigo.

Alí tiveron a oportunidade de coñecer como é o funciomamento dunha biblioteca e disfrutar da lectura acompañados dun bibliotecario que lles explicou todo dunha maneira amena.

Visita moi recomendada para facer cos alumnos/as ou tamén en familia.

Pasáronno xenial!








Ademais ofertan actividades para os nenos/as cada mes. Podedes asistir previa inscripción na propia biblioteca ou chamando por teléfono.

Aquí tedes a información das actividades que se levarán a cabo no mes de febreiro na biblioteca Juan Compañel.

viernes, 31 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Onte celebramos no colexio o Día Escolar da non-violencia e a Paz (DENIP), que se conmemora o 30 de xaneiro para recordar a morte de Gandhi.
Este ano os alumnos/as fixeron dous murais , un en galego e outro en castelán co lema: Pecha os ollos e pensa na paz Que ves?.
Responderon a esta pregunta , debuxando e  escribindo  nun post-it e colocándoo no mural correspondente.
Depois do recreo xuntámonos todos no patio para ler o manifesto que escribiron os alumnos/as de 6ºA  e 6ºB e cantar a canción A porta violeta de Rozalén. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1012https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/1012


Aquí tedes o manifesto:
CANDO PECHO OS OLLOS E PENSO NA PAZ......
Vexo... que se todo o mundo loitara pola paz, a paz existiría.
Vexo... que ser boa persoa, e pensar nos demais é esencial.
Vexo... que debemos perdoar e comprender outras opinións.
Vexo... que non debemos ignorar aos demais.
Vexo... xente axudándose.
Vexo... que deberíamos tratar aos demais como queremos que nos traten a nós.
Vexo... xente dialogando para dar respostas a calquer tipo de violencia.
Vexo... igualdade, porque todos temos os mesmos dereitos sen importar o xénero, a raza ou a relixión.
Vexo... un mundo sen guerras.
Vexo... un mundo sen acoso na escola.
Vexo... un mundo cheo de DEMOCRACIAS,e sen DICTADURAS.
Vexo... que non pelexamos entre nós, na escola.
Vexo... tolerancia, amizade, amor e paz como solución.
Que quede claro...que debemos traballar todos os días, para lograr un mundo sen conflictos.

FELIZ DÍA DA PAZ

viernes, 20 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Xa chegan as vacacións de Nadal, aquí  tedes unhas recomendacións de libros para que podades disfrutar da lectura nestes días de descanso.
INFANTIL:                      3 ANOS

 4 ANOS

5 ANOS
  PRIMARIA
   
1º
2º
3º

4º

5º
6º























jueves, 19 de diciembre de 2019

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


O Día Internacional das persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas.O obxectivo  deste día é mellorar a situación das persoas con discapacidade, ademais da busqueda da igualdade de oportunidades.
No colexio traballamos este día facendo un mural con persoas que presentan diferentes  tipos de discapacidades.