viernes, 24 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS "CORRE LINGUA"
Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano adícase a Antonio Fraguas, no colexio fixemos un corre lingua dende Infantil ata Primaria cunha morea de palabras na nosa lingua e colocámolas polos corredores do colexio. Aquí tedes o resultado:
jueves, 23 de mayo de 2019
DÍA DAS FAMILIAS
VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS
O mércores día 15 de maio visitounos a escritora Ledicia Costas. O alumnado de 5º e 6º de primaria tiveron a oportunidade de coñecela en persoa e falar dos seus libros que con anterioridade leron para comentalos durante a súa visita.
Os libros para esta actividade foron:
Para 5º: Escarlatina, a cociñeira defunta
Para 6º: As peripecias de Extravaganzza Pérez.
Os libros para esta actividade foron:
Para 5º: Escarlatina, a cociñeira defunta
Para 6º: As peripecias de Extravaganzza Pérez.
lunes, 13 de mayo de 2019
TEATRO DE SOMBRAS: "O TOMATE ESBRANCUXADO"
Beatriz a mestra de música do noso cole traballou o teatro de sombras chinesas co alumnado de 6ºA e B de Educación Primaria poñendo en escea a obra "O tomate esbrancuxado".Para elo contou coa colaboración da mestra Mª Elena Poutas que fixo unha versión desta obra,o conserxe Rogelio que axudo na montaxe e a mestra Raquel Cerviño que fixo a letra da canción , partindo da música de "asereje" das Keptchup e que gravaron os alumnos e alumnas de 4ºB.
Con esta obra pretendíase que o alumnado aprendese a respetar ás persoas sen ter en conta a cor de pel.
Con esta obra pretendíase que o alumnado aprendese a respetar ás persoas sen ter en conta a cor de pel.
jueves, 2 de mayo de 2019
23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO
O pasado venres día 25 de abril festexamos no colexio o Día do Libro coa actividade do apadriñamento lector, na que os compañeiros maiores do centro lle len aos máis cativos, no patio, á hora de ler.
Anteriormente, os padriños e madriñas visitaron aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores... Ao mesmo tempo, os afillados prepararon, con moito agarimo, uns marcapáxinas para agasallarlles aos seus padriños e madriñas ese día.
É unha actividade moi enriquecedora para ambos. No seguinte vídeo quixemos recoller eses momentos especiais!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


