jueves, 2 de mayo de 2019

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

O pasado venres día 25 de abril festexamos no colexio o Día do Libro coa actividade do apadriñamento lector, na que os compañeiros maiores do centro lle len aos máis cativos, no patio, á hora de ler.

Anteriormente, os padriños e madriñas visitaron aos seus afillados e afilladas para coñecelos, saber os seus gustos lectores... Ao mesmo tempo, os afillados prepararon, con moito agarimo, uns marcapáxinas para agasallarlles aos seus padriños e madriñas ese día.


É unha actividade moi enriquecedora para ambos. No seguinte vídeo quixemos recoller eses momentos especiais!



viernes, 26 de abril de 2019

CONTACONTOS


O mércores día 23 de abril estivo no colexio Paco Nogueiras contándolle uns contos o alumnado de 5anos de E. Infantil. Os contos que lles contou foron os seguintes deíxovos aquí as fotos das súas carátulas.









viernes, 5 de abril de 2019

DÍA DA MULLER/DÍA DA POESÍA

Con motivo do Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo, aproveitando a ocasión, este ano quixemos unificalo co Día da Poesía, pois o lema deste curso nas bibliotecas escolares é o de: "POÉTICAS DIVERSAS na biblioteca escolar".
Así que todos puxémonos mans á obra e nas nosas clases escollemos unha muller galega relevante na nosa sociedade e redactamos a súa vida en forma de poesía.
Aquí podedes ver o noso traballo.


PLAMBE 2018/2019

Os días 22 e 23 de marzo celebrouse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) os encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente o curso 2018/2019.
Tivemos a oportunidade de compartir experiencias e ideas con outros centros participantes, así como de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a producción audiovisual.

sábado, 16 de marzo de 2019

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

Durante este trimestre os nenos e nenas, de 2º de Educación Primaria, leron o segundo conto do escritor "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Como lles gustou tanto, non dubidaron buscar o seu primeiro libro na biblioteca do centro "O cociñeiro Martiño" para lelo tamén.

O venres 15 de marzo o alumnado de 2º tivo a sorte de recibir a visita do escritor Iago López.  Xa tivéramos o pracer de contar con el como contacontos o curso pasado, e non volveu defraudar! Escenificou o seu conto coa axuda dos nenos e nenas, emocionounos e sacoulles sorrisos. Despois, con moito agarimo, firmoulles e dedicoulles unhas palabras nos contos aos cativos.

Unha imaxe vale máis ca mil palabras! Aquí vos deixamos un vídeo deste momento tan especial!!


MOITAS GRAZAS IAGO LÓPEZ!! 

Animámoste a escribir unha terceira historia do cociñeiro Martiño, estaremos pendentes!