viernes, 26 de abril de 2019
CONTACONTOS
viernes, 5 de abril de 2019
DÍA DA MULLER/DÍA DA POESÍA
Con motivo do Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo, aproveitando a ocasión, este ano quixemos unificalo co Día da Poesía, pois o lema deste curso nas bibliotecas escolares é o de: "POÉTICAS DIVERSAS na biblioteca escolar".
Así que todos puxémonos mans á obra e nas nosas clases escollemos unha muller galega relevante na nosa sociedade e redactamos a súa vida en forma de poesía.
Aquí podedes ver o noso traballo.
PLAMBE 2018/2019
Os días 22 e 23 de marzo celebrouse en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) os encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente o curso 2018/2019.
Tivemos a oportunidade de compartir experiencias e ideas con outros centros participantes, así como de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a producción audiovisual.

sábado, 16 de marzo de 2019
VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ
Durante este trimestre os nenos e nenas, de 2º de Educación Primaria, leron o segundo conto do escritor "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Como lles gustou tanto, non dubidaron buscar o seu primeiro libro na biblioteca do centro "O cociñeiro Martiño" para lelo tamén.
O venres 15 de marzo o alumnado de 2º tivo a sorte de recibir a visita do escritor Iago López. Xa tivéramos o pracer de contar con el como contacontos o curso pasado, e non volveu defraudar! Escenificou o seu conto coa axuda dos nenos e nenas, emocionounos e sacoulles sorrisos. Despois, con moito agarimo, firmoulles e dedicoulles unhas palabras nos contos aos cativos.
Unha imaxe vale máis ca mil palabras! Aquí vos deixamos un vídeo deste momento tan especial!!
MOITAS GRAZAS IAGO LÓPEZ!!
Animámoste a escribir unha terceira historia do cociñeiro Martiño, estaremos pendentes!
viernes, 22 de febrero de 2019
ENTROIDO
Co motivo do entroido estanse realizando no colexio diferentes talleres para a elaboración de carautas, carteis e murais representativos ,así como a confección de disfraces nas aulas por parte dos mestres/as e alumnado.
Os alumnos de 5º de primaria encargaranse das ordes do meco e os de 6º terán que fabricalo e realizar o xuizo.
Aquí tedes algúns dos disfraces elaborados no colexio que aproveitando a temática doproxecto anual este ano adicámolo "O HORTO".

Máis información no seguinte enlace.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbalaidos/node/918

Suscribirse a:
Entradas (Atom)