viernes, 23 de noviembre de 2018

25 de novembro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de novembro conmemorase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero recondando así as irmáns Mirabal ( Minerva, Patria e María Teresa),coñecidas polo sobrenome de  "As Mariposas" asasinadas o 25 de novembro na República Dominicana por orden do dictador Rafael Leónidas Trujillo do que eran opositoras.
Para conmemorar esta data os alumn@s de primeiro traballaron o libro "ARTUR E CLEMENTINA", libro que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os esteriotipos sexistas e denuncia a discriminación.









Nesta semana @s compañeir@s de 5 anos, 2º, 4º e 6º de Ed. Primaria tiveron o seu primeir obradoiro de Camiña con Nós pola Igualdade, desenvolvido dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

A súa finalidade é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

No seguinte vídeo podedes ver os diferentes obradoiros:




Para rematar, unímonos tod@s @s compañeir@s para elaborar un mural no que mostramos o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.

viernes, 16 de noviembre de 2018

IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS


Nos días 9 e 10 de novembro celebrouse en Santiago de Compostela( Palacio de  congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Nestas xornadas o profesorado reflexionou sobre os novos retos que afrontan as bibliotecas escolares.
Tivemos a oportunidade de compartir ideas, experiencias con outros centros educativos e mestres involucrados no mundo das bibliotecas escolares.
Foron unhas xornadas moi fructíferas e que aportaron gran cantidade  de ideas para dinamizar a nosa biblioteca.

viernes, 26 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O mércores 24 de outubro abriuse a nosa biblioteca e fíxose entrega das mochilas viaxeiras.
Na hora de ler os nenos e nenas do cole repartíronse polas aulas para contarlles contos os seus compañeiros e compañeiras.
A continuación deixámosvos unha mostra deste día tan especial!!!!!!


martes, 23 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO

Mañá 24 de Outubro abrirase a biblioteca do C.E.I.P. Balaídos. Hermenexilda, Casilda e Xoán darannos a benvida a este novo curso. Serán os encargados de repartir as mochilas viaxeiras que irán a todas as casas. Esperemos que vivades formidables aventuras.

23 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

 Últimamente escoitanse ruídos no seu interior. Estará Rogelio facendo reformas? Os libros cobrarían vida? Será por iso que aínda está pechada.
Recoméndovos que esteades moi atentos .Que pasará alí dentro?.......................