viernes, 20 de abril de 2018

PACO NOGUEIRAS

O mércores 18 de abril Paco Nogueiras estivo no noso colexio cos alumnos e alumnas de 5 anos contandolles uns contos coa axuda dun ukelele e un acordeón. Os contos que nos  interpretou foron: Coelliño branco, A horta de Simón, Nunu xoga e Grisela.

 







viernes, 6 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO



Este ano, no día do libro (23 de abril),decidimos colaborar cunha asociación chamada "BICOS DE PAPEL"https://bicosdepapel.org/
Para tal axuda,os alumnos/as do colexio decorarán uns marcapáxinas que logo as familias de forma voluntaria poderán mercar aportando a cantidade que estimen convinte, e que será doada a dita asociación.

viernes, 16 de marzo de 2018

VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO

Esta semana tivemos a visita no colexio da escritora Ana Alonso que nos veu a falar dalgúns dos seus libros. Os alumnos/as de 4º tiveron a presentación do libro "El baño de  Cleopatra", os de 5º "El coleccionista de estrellas" e os de 6º "Marea negra".



Aquí tedes algunhas imaxes da súa visita:





viernes, 9 de marzo de 2018

MURAL DA MULLER

Aproveitando o proxecto anual centramonos nas mulleres do cine( directoras, actrices, etc...) e cada curso fixo unha pequena biografía da elexida.







viernes, 2 de marzo de 2018

DÏA INTERNACIONAL DA MULLER


Para conmemorar o día internacional da muller, o Equipo de biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propomos a seguinte actividade:
Traballar unha muller relacionada co mundo do cine, aproveitando que é o proxecto anual deste curso. Elaboraremos en formato A3 a biografía acompañada dun debuxo ou fotografía da persoa escollida. Unha listaxe de posibles mulleres que se poden traballar (a maioría galegas) son:

ACTRICES: María Castro, María Bouzas, Marta Larralde, María Pujalte, Cristina Castaño, Mabel Rivera,..........

DIRECTORAS: Patricia Ferreira, Isabel Coixet, Iziar Bollain, Alice Guay-Blanché, ......