jueves, 11 de mayo de 2017

ENTREVISTAMOS A PROFE Mª JESÚS

Neste curso 2016/17, o alumnado de 5º de Ed. Primaria está a traballar na clase de música a música rusa. Aproveitando que temos no colexio a especialista de inglés Mª Jesús, que ten coñecementos de ruso, fixéronlle unha entrevista. O entrevistador foi Marcos Álvarez, e os que grabaron foron Antía Piñeiro e Maia Pérez. Nas preguntas da entrevista participou todo o alumnado de 5º. 

Aprendemos moito e sobre todo a importancia dos idiomas nas relacións humanas.



martes, 9 de mayo de 2017

ENQUISA PARA CALIDADE DA BIBLIOTECA

Rogamos as familias do centro colaboredes ca biblioteca cubrindo a seguinte enquisa. 
Gracias!


lunes, 8 de mayo de 2017

PASEO LITERARIO VERNE

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o Paseo Literario Verne.
Preme no cartel seguinte para máis información.

martes, 2 de mayo de 2017

OS MAIOS

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera.


(Preme na imaxe)



lunes, 24 de abril de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Como ven sendo unha costume, hoxe para celebrar o día do libro os nenos e nenas maiores apadriñaron un compañeiro/a máis pequeno para lerlle un conto. O fixeron fenomenal e quedaron moi contentos! Nos distintos blogs do cole poderedes ver máis fotos.