viernes, 30 de septiembre de 2016

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes"

Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. 
Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares.


BENVIDOS O NOVO CURSO 2016/17

Aquí estamos outra vez para contar novas aventuras e aprender xuntos un ano máis. 
Estamos a poñer a punto a biblioteca para poder tela ao voso servizo canto antes. 
Estade atentos porque moi pronto vos comunicaremos a apertura desta. 

Saúdos de Xoan!

lunes, 13 de junio de 2016

CONCURSO NOVONEYRA 2016

Como todos os anos, coincidindo coas actividades adicadas as Letras Galegas, o equipo de normalización convoca o concurso de relatos Novoneyra. este ano estaban adicados a Vigo, a nosa cidade, xa que foi o obxectivo anual traballado no centro. Se pinchades na imaxe podedes ver os premiados deste ano.
 PREMIADOS

viernes, 27 de mayo de 2016

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS


Na entrada do cole hai unha exposición de instrumentos musicais feito polos alumnos/as de 6º con material de refugallo.

Movie Maker: EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS ALUMNOS DE 6º - Diapositivas

lunes, 9 de mayo de 2016

ENQUISAS PARA AS FAMILIAS

Se pinchades no seguinte enlace podedes cubrir unha enquisa para coñecer a vosa opinión sobre a nosa biblioteca. Por favor, cubrídea antes do venres 20 maio e soamente unha enquisa por familia. A vosa opinión é moi importante para nos. Moitas gracias

ENQUISA