miércoles, 28 de mayo de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Ainda faltan tres semanas para rematar o curso, pero xa queremos orientar aos nosos lectores por iso xa estan aqui as orientacións para o verán.

lunes, 26 de mayo de 2014

Revista Breogán 2014

Xa saíu á rúa un novo número da nosa Revista Breogán, a cal cumple os 33 anos de vida. Nela atoparedes unha morea de cousas sobre o que facemos no cole. Cómpre salientar as cartas e fotos de despedida dos nenos e nenas de 6º de infantil e primaria.
Agardamos que vos guste e gocedes coa súa lectura.



sábado, 17 de mayo de 2014

PELICULAS EN GALEGO

Seguimos coa celebración do mes dás letras galegas esta vez tocou película para os maiores "Pequeno mago" e catro cortos de contos para os máis pequenos

viernes, 16 de mayo de 2014

Ollos de aula mes de maio

Xa temos un novo número da revista ollos de aula. Este mes trata temas da nosa lingua, xa que estamos no mes das letras galegas, e tamén sobre o déficit de atención e hiperactividade.


martes, 13 de mayo de 2014

MAIO. Mes das letras galegas

Ao longo do mes de maio imos celebrar as letras galegas cunha serie de actividades como teatro negro, cine en galego, traballos da ilustradora Aída Alonso, novo número da revista Breogán, e certame literario Uxío Novoneira. A continuación deixamos un enlace (facendo clic na programación) ao blog de normalización lingüística.
http://lareiradixital.blogspot.com.es/