Un ano máis os nenos e nenas de 6º de primaria sorprendéronos co seu teatro negro, dirixidos pola mestra de música. A obra deste ano titúlase "Xogamos limpo" trata sobre o xogo un tanto sucio que se fai no colexio, para conciencialos sobre a importancia do xogo en equipo, a obra escribiuna Ruth Bernárdez unha mestra que estivo no colexio fai algúns anos, o decorado do escenario o fixo Rogelio (conxerse) e axudou coas manualidades Carmen ( mestra das manualidades extraescolares)
lunes, 12 de mayo de 2014
Gonzalo Moure
O xoves 8 veu Gonzalo Moure a presentalo seu libro "Palabras de caramelo", para o curso 4º de primaria
O libro gustoulle a todos/as e o autor estivo moi cercano, a súa obra trata sobre un neno no deserto do sahara.
Os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron un resumo do libro e inventaron un final un exemplo é o seguinte o cal o fixo Duna :
O libro gustoulle a todos/as e o autor estivo moi cercano, a súa obra trata sobre un neno no deserto do sahara.
Os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron un resumo do libro e inventaron un final un exemplo é o seguinte o cal o fixo Duna :
martes, 6 de mayo de 2014
Aída Alonso Vázquez
Dende o departamento de normaiización lingüística surdiu unha propósta para traballar este ano unha figura galega relacionadas coa cultura. é Aída Alonso Vázquez, unha gran ilustradora, como podedes ver no seu blogue. e ás
Actividades para coñecer a figura de Aída Alonso Vázquez as cales podedes ver na nosa web.
OS MAIOS
Xa estamos no mes de maio, e con él chega a Festa dos Maios, a cal naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.
lunes, 5 de mayo de 2014
"A lúa da colleita" e "Raíz da fenda", premios da Crítica Española
As autoras, Anxos Sumai e Berta Dávila, xa recibiran con anterioridade outros premios por estas mesmas obras. O primeiro deles xa resultara ganador do Premio García Barros 2013 e o segundo acadara o XV Premio de Poesía Johán Carballeira e a súa autora resultara recoñecida nos premios Ánxel Casal como autora 2013
Agora é a Asociación Española de Críticos Literarios, quen recoñece estas obras, outorgando a A lúa da colleita (Editorial Galaxia) o premio de Narrativa e a Raíz da fenda (Edicións Xerais de Galicia) o premio de Poesía.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


