"A miña primeira Rosalía" é un libro disco que continúa a estela daquel outro, "O primeiro Celso Emilio", que Xerais fixera público o ano pasado.
Da autoría de Xosé e Xiama Lastra,
o libro consta dunha biografía e unha antoloxía poética, así como dun
CD no que se recollen unha ducia de poemas musicados, interpretados por Mini e Mero, Xiana Lastra e María Manuela, que tamén é autora das ilustracións.
martes, 19 de noviembre de 2013
A RECICLAXE
Este ano o centro de interese do colexio é o do reciclaxe e se queredes máis información e recursos para traballar clicade na imaxe.
martes, 12 de noviembre de 2013
Ollos de aula, nº10
Ollos de aula é una revista que edita a coordinadora galega de equipos de dinamización e normalización lingüística. Cada mes sae un novo número con temas moi interesantes. Este mes aborda temas como a coeducación, o acoso escolar e o proxecto interdisciplinar.
(Preme na imaxe)
viernes, 8 de noviembre de 2013
Programación cultural en novembro e decembro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo!
O Auditorio municipal ten programadas 16 actividades durante os meses de novembro e decembro. Os espectáculos para público xeral se levarán a cabo os venres pola noite e os de público familiar serán os domingos pola tarde.
As entradas dos venres custarán 7€ e as dos espectáculos familiares dos domingos 3€ para menores de 12 anos e 5€ para adultos. A programación dirixida ao público adulto inclúe pezas cómicas, dramas, música de autor e folk e como novidade este ano se inclúen dúas pezas de monicreques para adultos. Na sección para o público familiar poderemos desfrutar de espectáculos de monicreques, de mímica, de teatro musical e contemporáneo e de maxia.
Consulta o programa completo en vigocultura.org

martes, 5 de noviembre de 2013
O SAMAGOSTIN
FESTA NO BALAIDOS!!!! O mércores 30 de outubro os nenos e nenas tiveron no colexio a celebración do tradicional magosto xunto coa celebración do samain O tempo de Samaín tamén é tempo de castañas, de facer colares de zonchos para liberar as ánimas defuntas... Ademáis, é o tempo en que aparece o frío e a morte vaga pola terra.
A noite do 31 de outubro é a mais perigosa do ano... As portas do alén ábrense e as ánimas saen a visitar este mundo.... Por iso son moi frecuentes as aparicións da Santa Compaña na Noite de Todos os Santos.
Para afastar as ánimas defuntas e errantes, adoitanse facer caliveras na cortiza das cabazas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)