martes, 5 de noviembre de 2013

O SAMAGOSTIN

FESTA NO BALAIDOS!!!! O mércores 30 de outubro os nenos e nenas tiveron no colexio a celebración do tradicional magosto xunto coa celebración do samain O tempo de Samaín tamén é tempo de castañas, de facer colares de zonchos para liberar as ánimas defuntas... Ademáis, é o tempo en que aparece o frío e a morte vaga pola terra. A noite do 31 de outubro é a mais perigosa do ano... As portas do alén ábrense e as ánimas saen a visitar este mundo.... Por iso son moi frecuentes as aparicións da Santa Compaña na Noite de Todos os Santos. Para afastar as ánimas defuntas e errantes, adoitanse facer caliveras na cortiza das cabazas.

miércoles, 30 de octubre de 2013

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS 2013!

Xa sabemos cales son os gañadores do concurso de cabazas! Cada ano está máis empatado e aínda que todos merecen un premio (e terano convertido en bibliopuntos) só tres poden ser os finalistas, que a maiores se levarán bibliopuntos extra! 4 para o primeiro posto, 3 para o segundo e 2 para o terceiro.

Agora si aí vai o resultado!

- 1º finalista: Alexander García de 6º A de infantil
- 2º finalista: Paula Penedo de 3ºA
- 3º finalista: Adrián Gesteira de 5ºB


Parabén a todos polo voso traballo e ánimo para seguir participando nas vindeiras actividades que se irán propoñendo ao longo deste curso!

martes, 29 de octubre de 2013

ENTREGA MOCHILAS VIAXEIRAS EN PRIMARIA

Onte foi a entrega das mochilas viaxeiras na primaria, os nenos e nenas xa teñen moitas gañas de telas na casa e de coñecer tódalas sorpresas que lles acompañan.


Estas virán cargadas de novidades!

 

viernes, 25 de octubre de 2013

Concurso de cabazas 2013!

Unha das actividades que levamos a cabo ao longo da semana é o noso xa famoso Concurso de Cabazas de Samaín, unha actividade que poñemos en marcha co fin de facer partícipes as familias nesta festa. 

Ano tras ano a participación é maior, así como a orixinalidade á hora de decorar as cabazas. O máis importante é ese momentiño no que toda a familia se reúne para facer algo en común divertido e moi entretido como pode ser decorar unha cabaza.

Cal será a gañadora? Pronto saberémolo. ESTADE MOI ATENTOS!

Un ano máis grazas pola vosa estupenda participación! 

 

miércoles, 23 de octubre de 2013

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá 24 de outubro é o día internacional das bibliotecas escolares se queredes máis información clicade na imaxe que aparece á dereita do blog, un chisquiño máis abaixo ou na mesma imaxe que aparece aqui.