martes, 5 de marzo de 2013

POESÍA E TEATRO

 Adicaremos este espazo a POESIA xa que o 21 de marzo celébrase. Se queredes atopar versos ,  poesías infantiles, xogos de palabras e adiviñas clicade aquí.
Tamén adicaremos este espazo ó TEATRO  que tamén o 27 de marzo celébrase. Se queres atopar obras de teatro e xogos de expresión, aquí tes algunhas ideas.

lunes, 4 de marzo de 2013

XIV Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2013










Do 2 ao 23 de marzo
 (Clic na imaxe para más información)



jueves, 28 de febrero de 2013

Día da muller traballadora

8 de marzo: Día da muller traballadora
Estade moi atentos ao corredor da primeira planta xa que cada aula encargarase de facer un mural de referencia entorno a unha muller traballadora..
 

lunes, 25 de febrero de 2013

24 de febreiro. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como "Día de Rosalía de Castro" pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. Este ano se cumpren 150 anos da publicación "CANTARES GALLEGOS". A continuación recomendamos as seguintes lecturas.

lunes, 28 de enero de 2013

CHEGA O ENTROIDO


O MECO MANDA:
O LUNS: COMO HIPPIE TE VESTIRÁS DESPOIS DA SEMANA DA PAZ.
O MARTES: VIMOS DE DEPORTISTAS PORQUE SOMOS MOI BROMISTAS.
O MÉRCORES: TEMOS QUE RETROCEDER PARA VOLVER A SER BEBÉS.
O XOVES:  SE AO COLE AS DE VIR, DE BUFÓN OU PAIASO AS DE VESTIR.
O VENRES COMA O TEMA DO COLE ESTE ANO É DA AUGA, LEMBRA O MESTRE MANDA.

Este ano o centro de interese do colexio, proposto polo equipo da biblioteca, está adicado ao ano internacional da auga. É por iso que os nenos e nenas foron con disfraces relacionados a este tema.

Infantil: Mergulladores.
1º Ciclo: Patricio e Bob Esponxa.
2º Ciclo: Marisqueiros, pescadores e medusas.
3º Ciclo: Piratas.
O XUIZO DO MECO
https://www.dropbox.com/s/vcvhtydywksqg1x/O%20xuicio%20do%20meco.odtFOI REALIZADO POLOS NENOS/AS DE SEXTO
O TESTAMENTO DO MECO
https://www.dropbox.com/s/ph7qzcylk41msio/testamento%20do%20meco%20.odt FOI REALIZADO POLOS NENOS/AS DE SEXTO