O pasado venres tivo lugar o acto de clausura do mes das Letras Galegas coa actuación dos alumnos de 6º representando a obra O ESPANTALLO AMIGO, e 1º B de primaria coa obra IR A ESCOLA NON AMOLA.Os alumnos e alumnas de 1º A solicitaron un maior uso do galego a través da lectura dun poema e unha canción. Tamén se entregaron os premios do 2º certame literario Uxio Novoneyra organizado dende o EDNL.
sobre os libros preferidos dos alumnos e familias acompañados dun traballo plástico referido ao libro. Dende a biblioteca queremos agradecer ás familias a súa participación e interese por esta actividade. Para os que non puideron visitala, podedes disfrutala na seguinte presentación.
Co gallo das Letras Galegas os alumnos de infantil a 5º de primaria tiveron ocasión de disfrutar dunha MÁXICA historia: ATRAPADOS NA TORRE a cargo do mago Christian Magic. Entre relato e relato a maxia fixo acto de presenza para deleite de todos os nenos e nenas.