lunes, 4 de junio de 2012

O FESTILETRAS

O pasado venres tivo lugar o acto de clausura do mes das Letras Galegas coa actuación dos alumnos de 6º representando a obra  O ESPANTALLO AMIGO, e 1º B de primaria coa obra IR A ESCOLA NON AMOLA.Os alumnos e alumnas de 1º A solicitaron un maior uso do galego a través da lectura dun poema e unha canción.
 Tamén se entregaron os premios do 2º certame literario Uxio Novoneyra organizado dende o EDNL.

¡NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!

Obra: Ir a escola non amola. 1º B


1º A quere mais galego




Obra: O espantallo amigo. 6º primaria 

Entrega de premios aos gañadores do
2º Certame Literario Uxío Novoneyra




jueves, 24 de mayo de 2012

SOMOS LECTORES OLÍMPICOS

Co gallo do Día do Libro fixemos a exposición:
"Somos lectores Olímpicos"
sobre os libros preferidos dos alumnos e familias acompañados dun traballo plástico referido ao libro.
Dende a biblioteca queremos agradecer ás familias a súa participación e interese por esta actividade.
Para os que non puideron visitala, podedes disfrutala na seguinte presentación.


MAXIA NAS LETRAS GALEGAS

Co gallo das Letras Galegas os alumnos de infantil a 5º de primaria tiveron ocasión de disfrutar dunha MÁXICA historia:  ATRAPADOS NA TORRE  a  cargo do mago Christian Magic.
Entre relato e relato a maxia fixo acto de presenza  para deleite de todos os nenos e nenas.


martes, 8 de mayo de 2012

viernes, 4 de mayo de 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY

O pasado mércores os Laretas de 2º de primaria tiveron a oportunidade de coñecer a escritora de "O cabalo de lume": Fina Casalderrey. Cabe resaltar a participación e interese que amosaron os nenos/-as . Para rematar firmoulles o libro. ¡Foi xenial! e se non mirade as fotos.