martes, 13 de diciembre de 2011

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aqui podedes atopar ideas para agasallar este Nadal: lectura,  música e cine.
  Lembrade que todas as recomendacións podedes atopalas na biblioteca.

¡FELICES LECTURAS!





miércoles, 9 de noviembre de 2011

SEMANA DE TRADICIÓN ORAL

A segunda semana de novembro está adicada á Literatura de tradición oral e dende a biblioteca propoñemos  a celebración dun RECITAL DE REGUEIFAS, como un xeito de achegar aos alumnos e alumnas aos textos de tradición oral.
A continuación podedes atopar unha selección de contos, poemas recitados e outros dialogados recollidos de diferentes fontes bibliográficas.
Non esquezades entrar no recuncho literario onde atoparedes mais recursos.




Se preferimos adentrarnos nas cantigas mais coñecidas , no seguinte enlace temos os textos das cancións
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm

Historias orais
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=11&n=literatura_oral


Recitados e cancións infantís
http://www.orellapendella.org/audio

Outros enlaces donde atopar información:
  1. Relatos en castelán
  2. Tradición oral galega
  3. Contos de vellos

viernes, 4 de noviembre de 2011

¡¡¡SAMAGOSTÍN!!!

O vindeiro venres día 11 de Novembro  imos celebrar no cole o SAMAGOSTÍN e para que vaiades tremendo un pouco de meeedooo!! xa podedes consultar todos os recursos sobre Magosto e Samaín no recuncho temático de Xoán.

jueves, 29 de septiembre de 2011

HOMENAXE A WANGARI MAATHAI

Dende a  biblioteca do cole queremos rendir esta homenaxe a Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz 2004 e que tantas veces demos a coñecer aos nosos lectores . Para mais información pinchade no seguinte enlace.
Muere la ecologista keniana Wangari Maathai, Premio Nobel de la paz 2004 euronews, internacionales#.ToQfvG24rfI.blogger

A continuación podedes ver no video  o labor  de Wangari para repoboar os bosques de Kenia.

BENVIDA AO NOVO CURSO

Dende o recuncho de Xoan queremos dar a benvida ao novo curso escolar. O equipo de biblioteca quere expresar o seu malestar pola reorganización horaria imposta pola Consellería que nos resta moito tempo para levar a cabo a dinamización da biblioteca. Aínda así esperamos que sexa un curso cheo de boas lecturas.