jueves, 26 de febrero de 2026

TALLER DE CÓMIC




O alumnado de 5º de EP participou nun obradoiro moi especial da man de María Vilar, da academia de debuxo KAME CÓMIC

Seguimos traballando o arte no noso centro, dentro do proxecto #atreveteaemocionarte. Ao longo da sesión mergullámonos no mundo do cómic: creación de personaxes, expresións, encadres… e moita imaxinación! Foi unha experiencia súper enriquecedora na que o noso alumnado puido explorar a súa faceta máis artística e narrativa.

Este obradoiro foi posible grazas á nosa participación no programa Biblioteca Creativa, dentro do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta). Unha aposta clara por facer da biblioteca un espazo vivo, creativo e cheo de oportunidades.

Seguimos aprendendo, creando e gozando da lectura… tamén en viñetas!








 

miércoles, 14 de enero de 2026

PUNTO LECTOR PARA OS MAIORES

 ESTREAMOS UN NOVO PUNTO LECTOR PARA MAIORES A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA



  ESCOLLE O LIBRO 

  ANOTA O TÍTULO NA FOLLA DE REXISTRO

  E DISFRUTA DA AVENTURA !!!

 LEMBRA...





1º CONCURSO DE CONTOS CON SENTIMENTO

 



PARABÉNS AOS GAÑADORES!!  JULIA, ZOE E DAVID

          

                 E A TODOS OS PARTICIPANTES