Chegou o día!
Polo 24 de outubro Xoán quixo compartir con nós unha información moi interesante sobre a celebración deste
"Dia das Bibliotecas"
Pincha na imaxe e aprenderás un montón de cousas.
Chegou o día!
Polo 24 de outubro Xoán quixo compartir con nós unha información moi interesante sobre a celebración deste
"Dia das Bibliotecas"
Pincha na imaxe e aprenderás un montón de cousas.
Onte tivemos un obradoiro de cómic impartido por María de KAME CÓMIC, o alumnado quedou encantado e con gañas de máis!!!
Onte fixemos un obradoiro creativo, con distintos cores e distintos trazos, puntos, círculos, espirais, liñas,.. fixemos un xardín en educación infantil.
Para rematar o noso proxecto deste curso, MIRANDO O FUTURO CONCIENCIA, as titorías presentaron o resultado do seu proxecto, quedando expostos nos corredores, incluso nunha obra de teatro ou recreando unha botica dasde antaño.
Neste video un pequeno resumo do Obradoiro de portalibros entre Polos, Bibliotecas Creativas e o Club de Lectura.
Hoxe, rapazas de 6º e un par de profes, disfrutamos dunha conversa moi enriquecedora a carón de "Redes".
Eloy Moreno, neste segundo libro, despois de "Invisible", segue a facernos pensar e debatir, neste caso sobre as redes sociais, as súas bondades, en caso dunha boa utilización.
Crear unha rede de amizade saudable nestas idades é moi boa opción. Grazas rapazas!!!
Imos cortar, furar, unir, cortar outra vez, marcar, ... O alumnado de 1º probou serras, punzóns, fusos, parafusadores para crear con cartón, así tamén reutilizamos.
Este venres 6º de EP puido disfrutar da ilustradora e escritora Andrea García. Falounos un pouco dela, da súa faceta de ilustradora e escritora, mergullámonos con ela na trama do seu libro "Animáis fantásticos de aldea" e aprendemos a debuxar a panda das galiñas protagonistas da historia.
Moitas grazas Andrea!!!
O 8 de maio de novo cun libro de Eloy Moreno, "Redes", sesión do Club de Lectura coa profe María e o alumnado de 3º Ciclo.
Este martes 23 de abril, celebramos o Día do Libro cunha actividade de amadriñamentos e apadriñamentos lectores, onde as nenas e os nenos de 3º a 6º de EP, agasallaron as súas afilladas e afillados coa lectura dun conto, que prepararon o longo desta semana, e estes agradecéronllo cun marcapáxinas. Como o bo tempo acompañou, a actividade fíxose no exterior.
Nesta segunda parte do proxecto o alumnado fixo as súas propias investigacións tentando aplicar o método científico e tendo a compañía, nalgúns casos, dalgunhas das científicas e científicos do seu proxecto e de membros da comunidade educativa. Aquí unha pequena mostra:
Rematamos unha nova sesión do Club de Lectura coa profe María e os protagonistas de "HEARTSTOPPER 3". As nenos e nenos de 6º de primaria participaron nesta enriquecedora sesión, compartindo a idea de igualdade, a empatía e o respecto.
O próximo xoves 3 de abril temos unha nova sesión do Club de Lectura coa profe María:
"HEARTSTOPPER 3"
Despois de ler o libro "Vampira de biblioteca", tivemos unha sesión coa súa autora, Ledicia Costas, para o alumnado de 4º de primaria. Falounos do libro, da súa vida como escritora, e de moitas cousas interesantísimas!!!
O alumnado de 6º de educación infantil recibiu a súa científica, Luisa Martínez Lorenzo. Luisa é doutora en Ciencias do Mar, ata o ano 2007 dedicouse a investigación oceanográfica para despois redirixirse a comunicaión social e científica.
É responsable da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigación Científicas en Galicia. "PUF! VAIA PEIDO... Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes" é a súa obra de divulgación, pero hoxe contounos unha fermosísima historia sobre unha nena e o mar, "La ola", de Suzy Lee.