jueves, 26 de febrero de 2026

TALLER DE CÓMIC




O alumnado de 5º de EP participou nun obradoiro moi especial da man de María Vilar, da academia de debuxo KAME CÓMIC

Seguimos traballando o arte no noso centro, dentro do proxecto #atreveteaemocionarte. Ao longo da sesión mergullámonos no mundo do cómic: creación de personaxes, expresións, encadres… e moita imaxinación! Foi unha experiencia súper enriquecedora na que o noso alumnado puido explorar a súa faceta máis artística e narrativa.

Este obradoiro foi posible grazas á nosa participación no programa Biblioteca Creativa, dentro do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta). Unha aposta clara por facer da biblioteca un espazo vivo, creativo e cheo de oportunidades.

Seguimos aprendendo, creando e gozando da lectura… tamén en viñetas!






 

miércoles, 14 de enero de 2026

PUNTO LECTOR PARA OS MAIORES

 ESTREAMOS UN NOVO PUNTO LECTOR PARA MAIORES A DISPOSICIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA



  ESCOLLE O LIBRO 

  ANOTA O TÍTULO NA FOLLA DE REXISTRO

  E DISFRUTA DA AVENTURA !!!

 LEMBRA...





1º CONCURSO DE CONTOS CON SENTIMENTO

 



PARABÉNS AOS GAÑADORES!!  JULIA, ZOE E DAVID

          

                 E A TODOS OS PARTICIPANTES




viernes, 31 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: COMEZAMOS A INVESTIGAR!!

 Chegou o día!

Polo 24 de outubro Xoán quixo compartir con nós unha información moi interesante sobre a celebración deste 

"Dia das Bibliotecas"

 Pincha na imaxe e aprenderás un montón de cousas. 




Durante esa semana cada grupo baixou á Biblioteca para participar nun xogo de búsqueda e seguir os seguintes pasos:

1. Coller o seu "tejuelo" correspondente ao seu grupo no mural da    entrada.


 2. Atopar o libro que levaba esa etiqueta na sección de consulta, en concreto nos andeis cos libros de Arte.
 3. Unha vez localizado o libro tiñan que resolver unha adiviña escondida dentro. 
           
        Todos os grupos conseguiron superar o reto. Bravo rapaces e rapazas!!!

Ao rematar, cada grupo levou de premio a Mochila Viaxeira e Caixa Violeta cos libros de igualdade para a súa aula.

 

N
as caixas atoparon un gran sobre co lema deste curso  "Atrévete a emocionArte", e dentro do sobre unha peza do puzzle colectivo que entre todos  conseguiron completar. 
                                                          


Mirade que ben quedou😍


Os peques de Infantil enmarcaron o mural para completar o 
cadro final. 
Son uns artistas!!!