Co gallo da celebración do Samaín, dende a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxemos en marcha un divertido Concurso de Epitafios.
Contamos tamén coa colaboración do equipo de Polos Creativos, que convertiu en auténticas lápidas aos 3 mellores epitafios!
Con esta proposta quixemos fomentar a creatividade, a imaxinación e o uso da nosa lingua a través da elaboración de epitafios orixinais, arrepiantes e cheos de humor.
Ao longo destes días recibimos unha chea de epitafios:
96 participantes!!!
Entre todos eles seleccionamos 3, un por cada ciclo, e aquí tedes o resultado: unhas lápidas moooooi divertidas💀💀😝😝
Parabéns a Noa de 6ºA, Sofía de 3ºA e ao grupo de 2ºA polo voso traballo!!




